Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

"O Quebranoces" de Tchaikovsky

Imaxe
Petr Ilich Chaikovski, ou na versión romanizada Piotr Illich, (1840-1893) foi un dos compositores rusos máis importantes do século XIX.  É autor dalgunhas das obras de música máis famosas do repertorio actual, por exemplo os ballets O lago dos cisnes e O Quebranoces, a Obertura 1812,  o Primeiro concerto para piano, o Concerto para violín, as súas sinfonías Cuarta, Quinta e Sexta (Tamén chamada Patética ) e a ópera Evgenii Onegin. A pesar de que a súa familia non quería, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo,  A formación que recibiu, formal e orientada ao estilo musical occidental, apartouno do movemento contemporáneo nacionalista coñecido como o «Grupo dos Cinco» : un grupo de mozos compositores rusos, cos cales Chaikovski mantivo unha relación profesional e de amizade ao longo da súa carreira. O Quebranoces é un ballet baseado no conto de fadas  O Quebranoces e o rei dos ratos de E.T.A.Hoffmann. A súa estrea foi no 18 de diciem

FELIZ ANO 2021

Imaxe
Queridísimos alumnos e alumnas do Cmus Xan Viaño: hoxe quero compartir con vós a fantástica felicitación que realizou o Equipo de Dinamización da Convivencia do noso conservatorio. Un vídeo co que tódolas persoas que formamos parte do Cmus Xan Viaño (conserxes, persoal de limpeza, persoal de administración, profesores e profesoras) queremos desexarvos un felicísimo aninovo cheo de Saúde, Amor, e moita, moita Música... Recoméndovos que visitedes o seu blogue, porque atoparedes publicacións moi interesantes e vídeos onde veredes a compañeiros e compañeiras do Cmus ou información sobre charlas de antigos alumnos e alumnas do Cmus que comparten as súas experiencias. Clicando a continuación podedes ir á súa páxina:  En todas as claves Os seguintes enlaces corresponden a outros vídeos destacados: Que a música non pare! Música, Mestra!

"Cadros dunha exposición" de Mussorgsky

Imaxe
Modest Petrovich Mussorgsky (1839-1881) foi un compositor ruso, coñecido como un do Grupo dos Cinco . Foi un innovador da música rusa no período romántico. Procurou crear unha identidade musical rusa. Moitas das súas obras estaban insipiradas na historia e folclore rusos.  A mediados do século XIX, non existían en Rusia orquestras nin sociedades de concertos, tampouco conservatorios. A música só era un privilexio da aristocracia, quen desfrutaba de concertos de grandes virtuosos como Clara Schumann ou Franz Liszt. A ópera tamén era exclusiva da aristocracia, sendo a ópera italiana un símbolo de distinción. Ata o ano 1862 non houbo en Rusia un sistema educativo musical: será Anton Rubinstein, un dos grandes virtuosos do piano, quen creará o Conservatorio de San Petersburgo. Das obras de Mussorgsky destacamos a ópera  Boris Godunov ,  o poema orquestral  Unha noite no Monte Pelado  e a suite para piano  Cadros dunha exposición. Os cadros dunha exposición foron compostos en 1874, mais so

"Carmen" de Bizet

Imaxe
Alexandre-César-Léopold Bizet, conocido como Georges Bizet (París, 1838-Bougival, 1875) foi un compositor francés que destacou polas súas óperas. A súa ópera máis famosa, e unha das máis representadas na acutalidade, é Carmen:  unha ópera dramática en tres actos en francés. A historia de Carmen está ambientada na Sevilla de principios do século XIX, protagonizada pola fermosa Carmen, o soldado don José e o torero Escamillo. Unha historia de amor e celos que remata cun terrible crime machista: don José, celoso de que Carmen ame a Escamillo, daralle morte a Carmen no acto final da ópera. Como blogue educativo,  non podemos pasar por alto unha reflexión sobre a morte de Carmen, xa que por desgracia segue sendo un problema da nosa sociedade: nunca se pode xustificar unha morte dunha muller nas mans dun home que di amala.  Por iso, como músicos sensibles non só á beleza da Música, senón como persoas cun compromiso co mundo que nos redea,  hoxe, 25 de Novembro alzamos a nosa voz:   Escoitare

"Carnaval dos animais" de Saint Saëns

Imaxe
  Camille Saint-Saëns (París, 1835-Arxel, 1921) foi compositor, director de orquestra, organista e pianista. Xa de pequeno amosaba fascinación pola Música. Con dous anos abriu o piano que na súa casa estaba coma un moble máis. Aos catro anos compuxo a súa primeira obra para piano. Unha das súas obras máis célebres é  " O Carnaval dos animais ", que compuxo como unha broma para un día de antroido. Aparecen leóns, galiñas, tartarugas, burros... e varios animais. Nesta broma musical, Saint-Saëns toma prestada música doutros compositores, como o Can-can ou a súa propia música, como un fragmento da Danza macabra. Como consideraba esta obra un divertimento, non a publicou durante a súa vida, agás O Cisne , que tamén serviu como música da bailarina Anna Pávlova no seu ballet A morte do cisne Dos catorce movementos, seleccionei para vós o lirismo de O Cisne e o misterio de O Acuario . O Cisne O Acuario No seguinte vídeo poderedes escoitar a obra completa:

Sinfonía nº 3 de Brahms

Imaxe
  Johannes Brahms , (Hamburgo,1833- Viena,1897), foi un pianista e compositor alemán do Romanticismo. Brahms é unha figura moi importante da música do século XIX: trátase dun dos máis importantes músicos do Romanticismo e é considerado por moitos como o "sucesor" de Beethoven , ata o punto de que a súa Primeira Sinfonía foi descrita por como a décima sinfonía de Beethoven. A expresión Os tres bes refírense a Bach, Beethoven e Brahms como tres dos maiores compositores da historia da música. Brahms é frecuentemente considerado á vez tradicional e innovador. A súa música está firmemente enraizada nas estruturas e técnicas de composición dos mestres do Barroco e do Clasicismo, e á vez Brahms avanzou cara a un idioma romántico, no proceso de creación de novos enfoques para a harmonía e a melodía. Brahms escribiu sobre todo música para piano, o seu instrumento, para voz, para coro e para orquestra.  Escoitamos a continuación o precioso movemento terceiro da súa Sinfonía nº 3: Se

Hotaru Koi

Imaxe
Hotaru Koi é unha canción tradicional xaponesa que fala dun vagalume, un insecto moi apreciado no Xapón. A súa traducción sería:  Oh! Vagalume, ven.  A auga que hai alí é amarga para probar.  Ven, a auga que hai aquí é agradable para saborear.  Oh! Vagalume, ven. Velaí a partitura que cantaremos como canon a 3 voces. De seguro que vos gustará! Ho ho hotaru koi atchi-no mizu-wa nigai-zo kotchi-no mizu-wa amai-zo ho ho hotaru koi ho ho yama-michi koi ほ ほ ほたる こい あっちの みずは にがいぞ こっちの みずは あまいぞ ほ ほ ほたる こい

"O Danubio azul" de Strauss

Imaxe
  Johann Strauss (Viena, 1825-1899) foi un compositor austríaco, que se fixo célebre polos seus valses. Foi fillo de Johann Strauss e irmá dos compositores Josef Strauss e Eduard Strauss.  Coñecido como o rei do valse, cambiou a idea que se tiña desta danza, anteriormente unha danza campesiña que se convertirá no entretemento da Corte Imperial. Strauss tivo moitas dificultades como músico: para empezar a oposición do seu pai, quen non quería que pasara dificultades como músico. O seu enfrentamento foi tal que en moitos teatros e salas de concerto non quería que Strauss fillo interpretase a súa música, para non enfadar a Strauss pai. Na actualidade a música de Strauss é interpretada tódolos anos no Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena. Seguindo o costume da familia Strauss, veredes que o director dirixe mentras interpreta co seu violín.  Neste vídeo será André Rieu coa súa orquestra quen faga o papel de director. Veredes ademáis aos bailaríns da escola austríaca Elmaye

"Fausto" de Gounod

Imaxe
  Charles François Gounod ( París ,1818- Saint Cloud, 1893) foi un compositor francés que comezou no mundo da música aprendendo a tocar o piano coa súa nai. Despois irá ao conservatorio da súa cidade, París. Actualmente é moi coñecido pola súa ópera Fausto e o seu Ave María , inspirado nun preludio de Bach. Compuxo todo tipo de xéneros e influiu en moitos compositores franceses (Bizet, Saint-Saëns, Massenet). Da súa ópera Fausto , baseada na lenda de Fausto, escoitaremos a Aria das xoias (en francés Air des bijoux) na que Marguerite canta e ri de verse tan fermosa no espello.

Renovación do blogue

Imaxe
Foto de Suso Iglesias Queridos alumnos e queridas alumnas: renovamos a estética do noso blogue grazas á impresionante foto do profesor de acordeón do noso Cmus: Suso Iglesias, quen, ademáis é o coordinador das Tecnoloxías de Información e Comunicación. Ao longo destes días, aparecerán dous blogues máis do noso conservatorio, o do Equipo da Dinamización da Língua Galega (Amodiño, ma non troppo ) e o do equipo de Dinamización de Convivencia ( En todas as claves ), dende os que compartirán con toda a comunidade educativa os proxectos de Alma Cendán e Alexandra Pita. Eran tan bonitas as fotos de Suso que puxeron no seus blogues, que tiñamos que cambiar o noso! Na foto do noso blogue vemos o noso conservatorio, o Auditorio de Ferrol e o precioso entorno. Grazas a Suso e as compañeiras que impulsaron a esta renovación.

"La Traviata" de Verdi

Imaxe
La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi  (Busetto, 1813-Milán, 1901) baseada na novela de Alexandre Dumas:  A dama das camelias, na que se narra a historia de Violetta. De pequeno, Giuseppe amosou interese na música, tanto que chamou a atención do organista do seu pobo. Aprendeu a tocar a espineta (un instrumento de tecla da familia do clavecín) e aos 10 anos será o organista do seu pobo.  Con 18 anos marcha a Milán para intentar entrar no conservatorio: foi rexeitado por falta de técnica ao piano. Na actualidade ese conservatorio chámase "Giuseppe Verdi"!. Mais iso non foi impedimento para seguir co seu soño. Vai a clases de composición e solfexo. A estrea da súa primeira ópera, Oberto, foi cando tiña 26 anos e se consideraba esa idade como moi maior para un músico. Aínda así foi todo un éxito Quen ía dicir que será un dos compositores máis famosos de óperas: Nabucco, Rigoletto, Aida, La Traviata...! Podedes escoitar o seu célebre brindis:

Coro de peregrinos de Wagner

Imaxe
  O "Coro de peregrinos" é un fragmento da ópera " Tannhäuser " do compositor alemán Richard Wagner  (Leipzig, 1813-Venecia 1883).  Wagner destaca polas súas óperas, nas que ademais da composición da música escribe os libretos (texto empregado na ópera). Procurou un novo concepto de ópera na que quería fusionar a música, a poesía e o teatro creando "obras de arte totais". Nas súas últimas óperas usará o leitmotiv para cada persoaxe: un tema musical asociado a un persoaxe. Este mesmo recurso musical poderedes atopalo no cine, nos debuxos animados ou nos videoxogos. " Tannhäuser " está inspirada en lendas medievais. Un cabaleiro chamado Tannhäuser vaga polo mundo ata chegar a Venusberg (en alemán a montaña de Venus), o reino da deusa do Amor. Pensa abandonar ese mundo camiñando en peregrinación a Roma ao escoitar a uns peregrinos.

Unidade 20 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Unidade 19 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Dictado 10 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Por fin estades rematando o voso traballo auditivo destas vacacións! Con este dictado número 10 chega o último. Á volta das vacacións, nas nosas clases comprobaremos o ben que saíron. Anacrusa e 16 compases. Velaí o comezo deste dictado a partir dunha melodía dunha pandeirada:

Unidade 18 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Dictado 9 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Coma sodes rapaces e rapazas moi list@s, xa non insisto máis no que tedes que observar no comezo da partitura antes de intentar escribir esta animada melodía. Anacrusa e 16 compases.  Ánimo que é o penúltimo dictado!

Unidade 17 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Unidade 16 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Dictado 8 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Comeza a conta atrás, xa que este dictado 8 é o antepenúltimo que teredes que realizar antes do inicio do novo curso. Unha vez máis ofrezo o comezo da melodía, e coma sempre, reparade na tonalidade, graos das notas iniciais...outra axuda, a rítmica da anacrusa será a rítmica característica desta melodía popular. Preparade a anacrusa e doce compases. Hai varios compases que se repiten.

Dictado 7 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Este é o comezo do dictado desta semana: coma sempre, reparade na tonalidade. Mirade a armadura...comezo anacrúsico...Por si tedes dúbidas: unha vez máis V-I. Xa con esta axuda, estaredes na tonalidade. Pensade tamén cal é a sensible desta tonalidade. Deste xeito, non vos collerá de sorpresa. Escribide ese comezo na libreta: anacrusa e dez compases máis. Outra pequena axuda: esta melodía non remata na tónica. Mais o seu acompañamento produce a sensación de repouso final, verdade? E que o acorde final é o de tónica. Cales son as notas do acorde de tónica? Velaí a melancólica melodía para este dictado nº 7:

Unidade 15 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Unidade 14 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Unidade 13 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Unidade 12 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Dictado 6 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Aí tedes o comezo do dictado desta semana: aínda que xa tedes escrita a armadura, pensade na tonalidade antes de comezar. E reparade no compás. Esta melodía consta de 16 compases, aínda que veredes que se trata dunha frase con repetición e unha pequena variación no final.

Unidade 11 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe