Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Branco Nadal polo Coro de Cámara Carolina Casanova

Imaxe
Despedimos este ano con "Branco Nadal": un arranxo dunha obra icónica de Irving Berlin, White Christmas. Os intérpretes son alumnos e alumnas de 1º Grao Profesional que se atreveron con este arranxo a tres voces. Con eles nace o Coro de Cámara Carolina Casanova (soprano ferrolá que da nome a nosa aula no conservatorio). Grazas pola vosa interpretación de "Branco Nadal" e felices festas a todos os alumnos e alumnas do Cmus Xan Viaño.  

O Primeiro Nadal para 1º GE

Imaxe
  Aproveitando todo o que aprendimos esta avaliación (compás de 3/4, anacrusa, barra de repetición, casilla de 1ª e 2ª vez...) e dando novos pasiños para o que nos espera á volta das vacacións, temos esta partitura dun canto de nadal inglés do século XVII. Na aula nos agardan uns instrumentos coa que tocaremos...veredes que bonita interpretación faremos.

Corre, Rudolph para 1º GE

Imaxe
A lenda conta que Santa Claus viaxa polo mundo xunto cos seus oito renos.  Ata que un día de gran tormenta de neve, non podían comezar a  repartir os agasallos porque non podían ver o camiño. Apareceu un reno cun gracioso nariz tan, tan, tan vermello que ata iluminaba. Con Rodolfo ao frente iluminando o camiño, puideron repatir esa noite do 24 de Decembro todos os agasallos. Dende entón Rodolfo (Rudolph, en inglés) forma parte dos renos que acompañan a Santa Claus. Agora imos divertirnos coa percusión corporal e este "Run, run Rudolph". Preparados? Recordade: nas semicorcheas pensamos en "LIXEIRIÑO"

"A danza da fada Golosina" con percusión corporal para 1º GE

Imaxe
Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893) foi un compositor ruso que compuxo moitos ballets que coñeces: O lago dos cisnes, A Bela durminte, O Quebranoces... O Quebranoces é todo un conto de fadas que comeza no día de Nadal. Podes velo completo no seguinte vídeo. E agora...imos xogar coa música de Tchaikovsky e a súa Danza da Fada Golosina  

"O rei da montaña" con percusión corporal para 1º GE

Imaxe
  Edvard Hagerup Grieg  (1843-1907) foi un compositor e pianista noruego. Unha das obras máis coñecidas é  Peer Gynt. Seguro que coñecedes "A mañá"... Velaí  "Na gruta do rei da montaña" que tanto nos fascina! Xogamos coa percusión corporal aplicada a "O rei da montaña"

"Galop infernal" con percusión corporal para 1º GE

Imaxe
  Jacques Offenbach (compositor e violonchelista francés que naceu en 1819 e morreu en 1880) é o compositor do cancán máis célebre que aparece no "Galop infernal" dunha opereta súa. Unha opereta é un xénero de música entre a ópera e o musical. O cancán é un baile en compás de 2/4 cun tempo rápido, onde os bailaríns se colocan en fila e dan patadas moi altas. Como aos alumnos e alumnas de 1º GE lles encanta (e a quen non!) este cancán, imos divertirnos con esta percusión corporal: 

Dictado 1 para completar para 1º GP

Imaxe
Traballaremos na nosa aula o noso primeiro dictado harmónico seguindo a fantástica colección de Félix Sierra. Comezamos co dictado 1  

Secuencia de acordes

Imaxe
Comezamos o noso entrenamento auditivo como alumnos e alumnas de 1º GP cun test no que indicarás a secuencia de acordes. Clicando na imaxe, enlazarás coa actividade.  

Dictado 5 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
  Este quinto dictado é unha melodía hexátona do libro de Ana María Navarrete do 4º curso de Linguaxe Musical. É unha melodía hexátona. Clicando na imaxe enlazaredes co audio.

Unidade 10 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Unidade 9 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Dictado 4 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
  Este cuarto dictado é unha hipnótica melodía tradicional xaponesa: Sakura  ( Flor da Cereixeira ). Nesta viaxe musical,  achegarémonos ao mundo pentatónico. Clicando na imaxe enlazaredes co audio.

Unidade 8 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Unidade 7 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Dictado 3 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
Este terceiro dictado é unha doce melodía do compositor vasco Pablo Sorozábal : Lotoren Lorak ( Flores de Loto). Como é un zortzico debedes agrupar a súa figuración da seguinte maneira: Velaí os compases a completar: Clicando na imaxe enlazades co audio.  

Unidade 6 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Unidade 5 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Dictado 2 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
  Neste dictado traballaremos cunha vibrante melodía popular chamada "El Vito". Atención!, xa que se trata dunha petenera, así que alternaredes a escritura de 6/8 con 3/4.  Parece moi longo, mais ao escoitalo comprobaredes que hai repeticións. Clicando na seguinte imaxe enlazaredes co audio.

Unidade 4 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Unidade 3 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Dictado 1 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
O primeiro dictado destas vacacións é unha melodía tradicional de Macedonia. Deberedes escribir a voz máis aguda. No voso Caderno de Vacacións tedes preparado o compás e moi poucas pistas, mais, a pesar disto, estou segura que saberedes completar a melodía. Clicando na imaxe, enlazaredes co audio.

Unidade 2 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Unidade 1 das Vacacións para alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
 

Himno Galego polos alumnos e alumnas de 4º GE

Imaxe
En 1907 o ferrolán Xosé Fontenla Leal promoveu dende Cuba, onde residían moitos emigrantes galegos, a creación do himno galego. Pascual Veiga compuxo a música para o poema Os Pinos de  Eduardo Pondal . O 20 de decembro de 1907 estrenouse na Habana. Galicia, a nazón de Breogán, espertará do seu sono para emprender o camiño á liberdade escoitando a voz dos rumorosos pinos. Os rumorosos pinos que simbolizan ao pobo galego. Que marabillosa maneira de pregoar Os Pinos coas voces dos alumnos e alumnas de 4º GE! Emocionante: parabéns a todos e todas.  

Dictado 20 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O último dictado deste curso ten un compás que fascina polos seus tempos desiguais. Clica na seguinte imaxe e enlazarás coa plataforma para poder escoitalo. Completa a melodía reparando na súa estructura (3-2). Ademáis presta atención aos seus 10 compases.

Dictado 19 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O penúltimo dictado deste curso é unha variación da "Muiñeira de Cabana". Clicando sobre a imaxe superior enlazarás co audio.  

"O aprendiz de bruxo" de Dukas

Imaxe
  Paul Dukas (1865-1935) foi un compositor francés enmarcado dentro do Impresionismo musical: un estilo que xa existía na pintura e no que experimentan coa música modal (levándonos á Antiga Grecia), con escalas exóticas (pentáfona, hexátona...) e con novos timbres e efectos sonoros. Con 5 anos tocaba o piano, mais a súa verdadeira paixón era a composición.  No ano 1897 compón  O aprendiz de bruxo:  un poema sinfónica baseado nunha obra do poeta Johan Wolgang von Goethe. Trátase dunha obra para orquestra na que se representa a historia dun aprendiz que realiza un feitizo a unha vasoira para que lle axude a cargar auga.  Na película Fantasía de Disney, o mesmo Mickey Mouse será o bruxo:  A continuación, a obra completa interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia:

Dictado 18 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Continuamos descubrindo obras de Schubert nos nosos dictados, aínda que nesta ocasión variei a súa  rítmica.

"Así falou Zaratustra" de Strauss

Imaxe
  Richard Strauss (1864-1949) foi un director e compositor alemán, destacando das súas composicións os seus lieder, as óperas e os poemas sinfónicos.  Con só dezaoito anos, xa escribira 140 obras: case todas obras para piano ou cancións para voz e piano ( lieder ). Strauss compuxo no ano 1896 a súa obra Así falou Zaratustra : un poema sinfónico inspirado nunha obra co mesmo título do filósofo Friederich Nieztsche .  Consta de nove seccións, tantas como capítulos tiña o libro.  Escoitaremos a súa célebre fanfarria inicial, titulada "Amencer" polo propio Strauss: nesta saída do sol aparece un xogo cos modos maior e menor.

"Valse triste" de Sibelius

Imaxe
  Jean Sibelius (1865-1957) foi un compositor finlandés do Romanticismo tardío que se converteu nun símbolo non só da música do seu país, senón un símbolo do seu país. Sibelius comezou tocando o piano con 5 anos, mais os crueis métodos da súa tía Julia (se tocaba unha nota falsa, pegáballe cunha agulla nos dedos) fixeron que abandoara un estudo sistemático, mais adentrouse na improvisación. Aos 15 anos quedou enfeitizado polo violín. Ao pouco tempo, forma un trío de corda coa súa irmá Linda, ao piano e o seu irmán Christian, ao violonchelo. Será o violín o instrumento co que faga carreira concertística. Mais foi a súa faceta como compositor o que trouxo o gran recoñecemento en Helsinqui, Berlín, Viena, Londres, París, Estados Unidos... O seu  Valse triste está inspirado nunha obra chamada A morte escrita polo seu cuñado Arvid Järnefelt.

Que cadencia é?

Imaxe
Continuamos co entrenamento do noso oído co recoñecemento auditivo das cadencias. Clicando sobre a imaxe, accederás á plataforma na que farás este test.

Repasamos as cadencias musicais

Imaxe
  Espero que este vídeo te poda axudar a comprender as cadencias.