Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2013

Parabéns!

Imaxe
Tódol@s alumn@s de 4º G.E. por fin podedes celebralo! Xa sodes alumn@s de Grao Profesional. Os resultados de Linguaxe Musical nas probas de acceso foron moi bos. Eu xa o celebrei...aplaudindo por cada un de vós, saltando e louvándome nas conversacións polos alumn@s tan aplicad@s que teño. Foi un ano con moito traballo, esforzo e tensión final, así que este verán non vos marcarei tarefas de ningún tipo. Só recomendo que sigades cantando as vosas leccións favoritas, intentando escribir esa canción que acabades de escoitar e que tedes na vosa memoria...ou lendo unha partitura que acabades de atopar. Agora ademáis de cantar cheos de ledicia, de tocar aquelas obras que máis vos gustan..."toca" brincar, ir á praia, bailar,...A celebralo e disfrutade das vacacións! PARABÉNS ! Ata o vindeiro curso!

O que medramos nestes catro anos!

Imaxe
Despois de catro de anos nos que estivemos medrando musicalmente, chega o momento de dar un paso máis aló. Mañá @s alumn@s de 4º GE vos presentades ás probas de acceso ó Grao Profesional.  Serán intres cunha pouca tensión, coma calquer outra proba, mais debedes respirar profundamente, concentrarvos e defender cada proba con seguridade. Ó longo destes anos traballáchedes moito e tedes recursos dabondo como para poder superar estas probas. Eu, dende logo, estou segura que faredes unhas boas probas. Así que só queda que durmades ben esta noite, almorcedes mañá para coller enerxías e teñades confianza en vos mesmos. Ánimo, querid@s alumn@s!  Vémonos no próximo curso