Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

Branco Nadal polo Coro de Cámara Carolina Casanova

Imaxe
Despedimos este ano con "Branco Nadal": un arranxo dunha obra icónica de Irving Berlin, White Christmas. Os intérpretes son alumnos e alumnas de 1º Grao Profesional que se atreveron con este arranxo a tres voces. Con eles nace o Coro de Cámara Carolina Casanova (soprano ferrolá que da nome a nosa aula no conservatorio). Grazas pola vosa interpretación de "Branco Nadal" e felices festas a todos os alumnos e alumnas do Cmus Xan Viaño.  

O Primeiro Nadal para 1º GE

Imaxe
  Aproveitando todo o que aprendimos esta avaliación (compás de 3/4, anacrusa, barra de repetición, casilla de 1ª e 2ª vez...) e dando novos pasiños para o que nos espera á volta das vacacións, temos esta partitura dun canto de nadal inglés do século XVII. Na aula nos agardan uns instrumentos coa que tocaremos...veredes que bonita interpretación faremos.

Corre, Rudolph para 1º GE

Imaxe
A lenda conta que Santa Claus viaxa polo mundo xunto cos seus oito renos.  Ata que un día de gran tormenta de neve, non podían comezar a  repartir os agasallos porque non podían ver o camiño. Apareceu un reno cun gracioso nariz tan, tan, tan vermello que ata iluminaba. Con Rodolfo ao frente iluminando o camiño, puideron repatir esa noite do 24 de Decembro todos os agasallos. Dende entón Rodolfo (Rudolph, en inglés) forma parte dos renos que acompañan a Santa Claus. Agora imos divertirnos coa percusión corporal e este "Run, run Rudolph". Preparados? Recordade: nas semicorcheas pensamos en "LIXEIRIÑO"

"A danza da fada Golosina" con percusión corporal para 1º GE

Imaxe
Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893) foi un compositor ruso que compuxo moitos ballets que coñeces: O lago dos cisnes, A Bela durminte, O Quebranoces... O Quebranoces é todo un conto de fadas que comeza no día de Nadal. Podes velo completo no seguinte vídeo. E agora...imos xogar coa música de Tchaikovsky e a súa Danza da Fada Golosina