"Cadros dunha exposición" de Mussorgsky



Modest Petrovich Mussorgsky (1839-1881) foi un compositor ruso, coñecido como un do Grupo dos Cinco. Foi un innovador da música rusa no período romántico. Procurou crear unha identidade musical rusa. Moitas das súas obras estaban insipiradas na historia e folclore rusos. 

A mediados do século XIX, non existían en Rusia orquestras nin sociedades de concertos, tampouco conservatorios. A música só era un privilexio da aristocracia, quen desfrutaba de concertos de grandes virtuosos como Clara Schumann ou Franz Liszt. A ópera tamén era exclusiva da aristocracia, sendo a ópera italiana un símbolo de distinción.

Ata o ano 1862 non houbo en Rusia un sistema educativo musical: será Anton Rubinstein, un dos grandes virtuosos do piano, quen creará o Conservatorio de San Petersburgo.

Das obras de Mussorgsky destacamos a ópera Boris Godunov, o poema orquestral Unha noite no Monte Pelado e a suite para piano Cadros dunha exposición.



Os cadros dunha exposición foron compostos en 1874, mais son máis coñecidos pola versión posterior que realizou Maurice Ravel para orquestra no ano 1922. Mussorgsky compuxo esta obra inspirado nunha exposición de cadros dun amigo seu: Víktor Hartmann. Mentres paseamos entre os distintos cados da exposición, soa Promenade (Paseo).



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi