Sinfonía nº 3 de Brahms

 



Johannes Brahms, (Hamburgo,1833- Viena,1897), foi un pianista e compositor alemán do Romanticismo. Brahms é unha figura moi importante da música do século XIX: trátase dun dos máis importantes músicos do Romanticismo e é considerado por moitos como o "sucesor" de Beethoven, ata o punto de que a súa Primeira Sinfonía foi descrita por como a décima sinfonía de Beethoven.

A expresión Os tres bes refírense a Bach, Beethoven e Brahms como tres dos maiores compositores da historia da música.

Brahms é frecuentemente considerado á vez tradicional e innovador. A súa música está firmemente enraizada nas estruturas e técnicas de composición dos mestres do Barroco e do Clasicismo, e á vez Brahms avanzou cara a un idioma romántico, no proceso de creación de novos enfoques para a harmonía e a melodía.

Brahms escribiu sobre todo música para piano, o seu instrumento, para voz, para coro e para orquestra. 

Escoitamos a continuación o precioso movemento terceiro da súa Sinfonía nº 3:


Se queres volver a escoitalo coa partitura, no seguinte vídeo tes a sinfonía completa. O 3º movemento está no minuto 19'22''



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi