Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Dictado 3 para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Un novo exercicio auditivo. Primeiro só nos preocuparemos da rítmica. Copia no teu caderno de pentagramas o seguinte fragmento que terás que completar escoitando o que sona no audio inferior.  Clica na imaxe e te levará á web onde podes reproducir as veces que necesites o audio para completar: Agora completa a melodía. Escribe a armadura e repara na tonalidade. Atención!: a nota inicial non é a tónica. Ademáis da axuda rítmica que tes arriba, velaí van dúas pistas máis: esta melodía está inspirada na lección da páxina 92 do voso libro de Linguaxe. E a última pista: atoparás nela 6 alteracións accidentais. Escoita no audio seguinte a melodía e complétaa coas notas. 

"Soño de Amor" de Liszt

Imaxe
Franz Liszt (1811-1886) foi un compositor e pianista austro-húngaro, considerado o pai da técnica pianística moderna.  Xunto a Frédéric Chopin é fundamental para a aparición de toda unha liña de compositores para piano que tomarán o relevo:  Maurice Ravel, Serguei Rachmaninov, Scriabin. Seu pai, Adam Liszt, que foi violonchelista, ensinou o piano ó seu fillo dende moi pequeno, utilizando as obras de Haydn, Mozart e Beethoven. Liszt foi un neno prodixio e ós dez anos marchou a Viena para seguir, durante dous anos, os cursos de harmonía de Salieri e os de pianos de Carl Czerny. Durante unha xira por París, acompañado polo seu pai, intentou entrar no Conservatorio (daquela chamado Escola Real de música e de declamación) pero foi rexeitado por ser estranxeiro! Escoitaremos o seu "Soño de Amor" da colección Liebesträume. Drei Notturni (en alemán: Soños de amor. Tres nocturnos) : unha serie de tres obras para piano solo. A miúdo se utiliza o término para referirs

Dictado 2 para alumnos de 3º GE

Imaxe
Un novo exercicio auditivo seguindo as pautas do anterior. Primeiro só nos preocuparemos da rítmica. Copia no teu caderno de pentagramas o seguinte fragmento que terás que completar escoitando o triángulo que sona no audio inferior.  Clica na imaxe e te levará á web onde podes reproducir as veces que necesites o audio para completar: Imos completar a melodía. Escribe a armadura e repara na tonalidade. Escoita no audio seguinte a melodía e completa coas notas. 

"Esceas de nenos" de Schumann

Imaxe
Robert Schumann  (1810-1856) foi un compositor alemán representante do Romanticismo musical. Dende pequeno lle interesou a música e a literatura. E esa paixón o levará a compoñer cancións con acompañamento pianístico e con textos de grandes poetas (Goethe, Schiller, Lord Byron...) chamados en Alemaña lieder (en singular: lied , que significa canción) O seu instrumento, como a inmensa maioría dos músicos do Romanticismo, foi o piano. Estudiaba de mozo as obras de Schubert e Mendelssohn, e admiraba ao célebre pianista Franz Liszt. Schumann desexaba mellorar a súa interpretación e inventou un aparello co que quería conseguir máis axilidade no cuarto dedo da man dereita. Sen embargo, con ese método, o resultado foi terrible: o dedo perdeu a movilidade necesaria e abandonou os estudos de piano. Eso sí, seguiu adicándose á composición musical. Compuxo obras para piano, lieder , sinfonías e música de cámara. Esceas de nenos , tamén Esceas da Infancia (en alemán  Kindersze

Inversión de intervalos

Imaxe
De novo quero compartir cos alumnos e alumnas de 3º GE un vídeo que elaborei para entender a inversión de intervalos. Imos pasiño a pasiño e, de seguro, que faremos ben o camiño!

Ampliación e Redución de Intervalos

Imaxe
Queridos alumnos e alumnas de 3º GE, nesta publicación comparto un vídeo que elaborei para que poidades comprender a ampliación e redución de intervalos. Agardo que vos axude a ampliar os vosos horizontes no coñecemento da Linguaxe Musical.

Dictado 1 para alumn@s de 3º GE

Imaxe
Continuaremos o noso entrenamento auditivo cos seguintes exericicios. Antes de nada, copia no teu caderno de pentagramas a seguinte fragmento do que terás que completar só a súa rítmica escoitando o audio inferior. Xa tes varias pistas: Clica nesta imaxe e te levará á web onde podes reproducir as veces que necesites o audio para completar: Agora que xa tes o ritmo, engade as notas que ves a continuación. Escribe a armadura e repara na tonalidade.   Escoita no audio seguinte a melodía e completa coa altura das notas. 

Polonesa Op. 53 de Chopin

Imaxe
Fryderyk Franciszek Chopin, ou Frédéric François Chopin  (Żelazowa Wola, Polonia, 1810 -París, 1849) foi un compositor e pianista polaco do Romanticismo. Despois dunha infancia como neno prodixio en Polonia e vivir en Viena marchou a París con vinte anos, onde fixo carreira como concertista, profesor de piano da aristocracia e compositor. Chopin  interesouse dende moi novo moito polas danzas tradicionais da súa terra como a  polonesa  e a  mazurca . De feito a súa primeira polonesa escribíuna con 7 anos.  A  polonesa  é unha forma musical cun movemento moderado en compás ternario. A Polonesa nº 6 Op. 53 en La bemol Maior, coñecida como a Polonesa heroica, non posúe as características típicas das polonesas. Cando Chopin a escribiu no ano 1842 xa estaba moi enfermo, e tiña que pasar moitas semanas na cama. Nestas condicións, nas que tiña morriña polo país no que naceu, quixo escribir unha obra adicada a Polonia. Esta obra é unha das composicións máis coñecidas de Chopi

Pasapalabra musical

Imaxe
Con este "Pasapalabra musical" podes xogar con contidos musicais e poñerte a proba sobre o que lembras dos compositores dos que escoitamos audicións este curso. Ti podes! Para comezar a xogar, debes clicar na imaxe. Debes abrir esta publicación onde pon: LER MÁIS, para que se active o enlace.

Concerto en mi menor para violín de Mendelssohn

Imaxe
Felix Mendelssohn (Hamburgo,1809-Leipzig,1847) foi pianista, director de orquestra e compositor do Romanticismo alemán.  Mendelssohn foi un neno prodixio que tocaba o piano con mestría e compuña pezas musicais. Cando tiña 6 anos recibía leccións de piano da súa nai e como compositor comezaba con tan só 10 anos. As obras de Mendelssohn inclúen sinfonías, concertos, oratorios, música para piano e música de cámara.  Como director de orquestra fixo unha gran labor na difusión da música de Bach: recuperou para o público a Paixón segundo San Mateo, de Bach, que non se interpretara dende a morte do músico en 1750.  Non podemos despedir esta publicación sen acordarnos da súa irmá Fanny Mendelssohn . Posuía un gran talento musical, mais naquela época era impensable que unha muller realizase carreira musical. Felix valoraba moito á súa irmá, recoñecendo que era mellor pianista que el. Fanny compuxo 466 pezas musicais, aínda que as primeiras cancións foron publicadas