Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

"O Danubio azul" de Strauss

Imaxe
  Johann Strauss (Viena, 1825-1899) foi un compositor austríaco, que se fixo célebre polos seus valses. Foi fillo de Johann Strauss e irmá dos compositores Josef Strauss e Eduard Strauss.  Coñecido como o rei do valse, cambiou a idea que se tiña desta danza, anteriormente unha danza campesiña que se convertirá no entretemento da Corte Imperial. Strauss tivo moitas dificultades como músico: para empezar a oposición do seu pai, quen non quería que pasara dificultades como músico. O seu enfrentamento foi tal que en moitos teatros e salas de concerto non quería que Strauss fillo interpretase a súa música, para non enfadar a Strauss pai. Na actualidade a música de Strauss é interpretada tódolos anos no Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena. Seguindo o costume da familia Strauss, veredes que o director dirixe mentras interpreta co seu violín.  Neste vídeo será André Rieu coa súa orquestra quen faga o papel de director. Veredes ademáis aos bailaríns da escola austríaca Elmaye

"Fausto" de Gounod

Imaxe
  Charles François Gounod ( París ,1818- Saint Cloud, 1893) foi un compositor francés que comezou no mundo da música aprendendo a tocar o piano coa súa nai. Despois irá ao conservatorio da súa cidade, París. Actualmente é moi coñecido pola súa ópera Fausto e o seu Ave María , inspirado nun preludio de Bach. Compuxo todo tipo de xéneros e influiu en moitos compositores franceses (Bizet, Saint-Saëns, Massenet). Da súa ópera Fausto , baseada na lenda de Fausto, escoitaremos a Aria das xoias (en francés Air des bijoux) na que Marguerite canta e ri de verse tan fermosa no espello.

Renovación do blogue

Imaxe
Foto de Suso Iglesias Queridos alumnos e queridas alumnas: renovamos a estética do noso blogue grazas á impresionante foto do profesor de acordeón do noso Cmus: Suso Iglesias, quen, ademáis é o coordinador das Tecnoloxías de Información e Comunicación. Ao longo destes días, aparecerán dous blogues máis do noso conservatorio, o do Equipo da Dinamización da Língua Galega (Amodiño, ma non troppo ) e o do equipo de Dinamización de Convivencia ( En todas as claves ), dende os que compartirán con toda a comunidade educativa os proxectos de Alma Cendán e Alexandra Pita. Eran tan bonitas as fotos de Suso que puxeron no seus blogues, que tiñamos que cambiar o noso! Na foto do noso blogue vemos o noso conservatorio, o Auditorio de Ferrol e o precioso entorno. Grazas a Suso e as compañeiras que impulsaron a esta renovación.

"La Traviata" de Verdi

Imaxe
La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi  (Busetto, 1813-Milán, 1901) baseada na novela de Alexandre Dumas:  A dama das camelias, na que se narra a historia de Violetta. De pequeno, Giuseppe amosou interese na música, tanto que chamou a atención do organista do seu pobo. Aprendeu a tocar a espineta (un instrumento de tecla da familia do clavecín) e aos 10 anos será o organista do seu pobo.  Con 18 anos marcha a Milán para intentar entrar no conservatorio: foi rexeitado por falta de técnica ao piano. Na actualidade ese conservatorio chámase "Giuseppe Verdi"!. Mais iso non foi impedimento para seguir co seu soño. Vai a clases de composición e solfexo. A estrea da súa primeira ópera, Oberto, foi cando tiña 26 anos e se consideraba esa idade como moi maior para un músico. Aínda así foi todo un éxito Quen ía dicir que será un dos compositores máis famosos de óperas: Nabucco, Rigoletto, Aida, La Traviata...! Podedes escoitar o seu célebre brindis:

Coro de peregrinos de Wagner

Imaxe
  O "Coro de peregrinos" é un fragmento da ópera " Tannhäuser " do compositor alemán Richard Wagner  (Leipzig, 1813-Venecia 1883).  Wagner destaca polas súas óperas, nas que ademais da composición da música escribe os libretos (texto empregado na ópera). Procurou un novo concepto de ópera na que quería fusionar a música, a poesía e o teatro creando "obras de arte totais". Nas súas últimas óperas usará o leitmotiv para cada persoaxe: un tema musical asociado a un persoaxe. Este mesmo recurso musical poderedes atopalo no cine, nos debuxos animados ou nos videoxogos. " Tannhäuser " está inspirada en lendas medievais. Un cabaleiro chamado Tannhäuser vaga polo mundo ata chegar a Venusberg (en alemán a montaña de Venus), o reino da deusa do Amor. Pensa abandonar ese mundo camiñando en peregrinación a Roma ao escoitar a uns peregrinos.