Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

"A catedral sumerxida" de Debussy

Imaxe
  Claude Debussy (1862-1918) foi un compositor francés que rompeu coa tradición do romanticismo e foi un dos compositores membros do Impresionismo Musical. O seu pai non quería que se adicara a música, mais axiña el amosou a súa paixón. Recibiu clases de Mauté de Fleurville , alumna de Chopin. Despois de rematar os seus estudos de piano no conservatorio de París, interesouse pola composición. Mais será a Exposición Universal en París no ano 1889 a súa gran fonte de inspiración, xa que coñeceu novas sonoridades "exóticas" como o gamelán de Indonesia. Considéranse que as súas composicións son sobre todo sensoriais, nas que fai sentir ao que escoita sensacións particulares traducindo en música imaxes e impresións. "A catedral sumerxida" é un bo exemplo. Este preludio está baseado nun antigo mito no que unha catedral sumerxida elévase nas mañás claras. Dende o outro lado do mar pode escoitarse o canto dos sacerdotes, o repenique das campás e o son do órgano. Todo isto

"Sinfonía nº 1" de Mahler

Imaxe
  Gustav Mahler (1860-1911), foi un compositor e director de orquestra bohemio-austríaco. As súas composicións atópanse entre as obras máis importantes do Posromanticismo . Nas primeiras décadas do século XX, Gustav Mahler era considerado un dos máis importantes directores de orquestra e de ópera do seu momento. Co auxe do nazismo en Alemaña e Austria, a súa obra foi catalogada como “dexenerada” e “moderna” pola súa condición de xudeu. O mesmo sucedeu con outros compositores, caídos en desgraza na Alemaña nazi. Só ao final da Segunda Guerra Mundial, a súa música comezou a interpretarse con máis frecuencia no repertorio das grandes orquestras, encontrándose entre os compositores máis destacados na historia da música. A miña proposta de audición é distinta á do voso libro de texto. Propoño como audición para un achegamento á música de Mahler que escoitedes o terceiro movemento da súa sinfonía nº 1, que creo que vos sorprenderá. Comeza cunha variación dun tema que coñecedes, aínda que o

"La bohéme" de Puccini

Imaxe
  Giacomo Antonio Domenico Michele Secondo Maria Puccini , (1858-1924) foi un compositor italiano que destacou especialmente polas súas óperas. Considerado entre os máis grandes de finais do século XIX e comezos do XX, as súas óperas están entre as representadas con máis frecuencia. Foi considerado o mellor compositor da ópera italiana xunto con Giuseppe Verdi e un dos máximos expoñentes do verismo (unha tradición operística que buscaba plasmar a vida cotiá na ópera). Os Puccini eran unha familia con tradición musical: foron mestres de capela da Catedral de Lucca dende moitas xeracións atrás. Giacomo con 14 anos foi o organista da Catedral de Lucca. Quizais " La bohéme" sexa a súa ópera máis famosa."A bohemia" está ambientada en París, onde comparten ilusións e amizade un grupo de artistas. A historia céntrase no amor da modista Mimí e o poeta Rodolfo. A continuación tedes a célebre aria de Mimí, do acto I, onde Mimí se presenta ao seu veciño Rodolfo e lle conta qu

"Pompa e circunstancia" de Elgar

Imaxe
  Edward Elgar  (1857-1934) foi un compositor británico. Foi o primeiro compositor en tomar en serio o uso do gramófono. Entre 1914 e 1925 dirixiu unha serie de gravacións das súas obras. Entre as moitas das súas obras que entraron a formar parte do repertorio clásico de concertos figuran as coñecidas Enigma Variations , como  Pomp and Circumstance Marches , os concertos para violín e violonchelo, e dúas sinfonías. Tamén compuxo obras corais, entre as que cómpre sinalar The Dream of Gerontius , música de cámara e cancións. Foi nomeado Master of the King’s Musick en 1924. O seu pai, William, traballou como afinador de pianos e tiña unha tenda de partituras e instrumentos musicais. Aos oito anos, Elgar recibiu clases de piano e violín, e o seu pai, que afinaba os pianos de moitas casas importantes de Worcestershire, ás veces levábao con el, dándolle a posibilidade de mostrar o seu talento a importantes figuras locais. Elgar é probablemente máis coñecido pola primeira das súas Pomp an