Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Que é...? 4ª ou 5ª xusta?

Imaxe
Continuando co entrenamento auditivo, preséntovos un exercicio para recoñecer a 4ª e a 5ª xusta harmónica. Clicade na imaxe inferior e xa podedes comezar.

"Ruslán e Liudmila" de Glinka

Imaxe
Mijaíl Ivánovich Glinka ( seguro que vos gusta ver o seu nome na grafía rusa: Михаил Иванович Глинка...) foi un compositor ruso, considerado o pai do nacionalismo musical ruso. Animou a un grupo de compositores a reunirse (máis tarde, serían coñecidos como "os cinco": Modest Músorgski , Nikolái Rimski-Kórsakov , Aleksandr Borodín , Cesar Cui , Mili Balákirev ) para crear música baseada na cultura rusa. As súas obras máis coñecidas son as óperas Unha vida polo Zar (1836) e   Ruslán y Liudmila (1842). Esta ópera ten un argumento baseado nun conto de fadas ambientado en Kiev na Idade Media, onde o guerreiro Ruslán debe rescatar a Liudmila...Recoñezo que os nenos e as nenas do século XXI xa están fartos e fartas deste tipo de relatos, pero así foi a sociedade. O máis célebre desta ópera é a súa obertura (introducción instrumental).

Un pouco de Ioga

Imaxe
Sempre é beneficioso para a nosa mente e o noso corpo un pouco de Ioga: apórtanos serenidade, mellora a nosa atención, aumenta a flexibilidade, mellora a nosa postura corporal e ensínanos a respirar conscientemente. Así que vos animo a realizar esta sesión de Ioga antes de poñervos a realizar as vosas tarefas de entrenamento musical, especialmente antes de cantar xa que o noso corpo está relaxado e activo e traballamos a nosa respiración.

Que intervalo sona?

Imaxe
Clicando na imaxe inferior, podedes comezar  Que intervalo sona?:  un exercicio auditivo para practicar o recoñecemento dos intervalos melódicos de 2ª, 3ª, 6ª e 7ª maiores e menores. Recorda que os músicos somos os atletas do son. Así que anímate a entrenar o teu oído!

A "Sinfonía Fantástica" de Berlioz

Imaxe
Louis Hector Berlioz (1803-1869) foi un compositor francés e unha das figuras destacadas do Romanticismo. A súa obra máis coñecida é a Sinfonía fantástica . A Sinfonía fantástica titúlabase orixinalmente como Episodios da vid a dun artista, sinfonía fantástica en cinco partes . A súa estrea tivo lugar o 5 de decembro de 1830 no Conservatorio de París, seis anos despois da estrea da Novena Sinfonía de Beethoven. Esta obra forma parte dun xénero chamado música programática, no que se describe cinco esceas. Na música programática o público debe ler antes do concerto o argumento. Foi todo unha innovación Berlioz presenta a historia dun músico novo que se namora dunha muller. En tódalas esceas desta obra aparece esa muller simbolizada por unha melodía. É o recordo constante do músico pola súa amada.  Esta asociación dunha idea a unha melodía chámase leitmotiv : unha idea fixa. Das cinco esceas, escoitaremos a segunda escea, O Baile, onde o músico namorado imaxínase nunha

E ti...quen ves sendo?

Imaxe
Velaí un reto: adiviñar o compositor que se agocha. No lateral dereito podes pedir pistas. Se non podes ler a pista, baixa co rato porque o texto aparece xusto debaixo da imaxe. Atréveste? Para comezar a xogar, debes clicar na imaxe. Debes abrir esta publicación onde pon: LER MÁIS, para que se active o enlace. Se queres facelo no móbil, tes que xiralo para ter o formato horizontal, do contrario non podes ler as pistas.

Dúo dos gatos

Imaxe
A seguinte audición non aparece no voso libro de Teoría. Substitúo a proposta (unha ópera marabillosa de Donizetti cun argumento moi dramático) por este aria o  Duetto buffo di due gatti . É dicir, o  Dúo cómico dos dous gatos. Trátase dunha obra para dúas sopranos con música de Rossini (de quen escoitáchedes a obertura da súa ópera  "O Barbeiro de Sevilla" ). Un compositor británico Robert Lucas de Pearsell (1795-1856) recopila extractos de óperas de Rossini nesta obra. Velaí un dos mellores desafíos entre  dous gatos

"Sinfonía Incompleta" de Schubert

Imaxe
Franz Schubert  ( Viena 1797-1828), foi un compositor austríaco, un dos continuadores do Romanticismo musical iniciado por Beethoven. Gran compositor tanto de lieder (breves composicións para voz e piano) como de música de cámara e orquestral. Viviu apenas 31 anos, tempo suficiente para crear unha obra musical grandiosa pola súa gran beleza e inspiración. O seu talento creceu á sombra de Beethoven, ó que admiraba, finando ó ano seguinte da morte do seu ídolo.  Schubert nace nunha familia de persoas moi humildes, e era o duodécimo de catorce fillos. Residía no barrio de Liechtental de Viena, onde o seu pai exercía de mestre de escola. Con once anos entrou como cantor na capela imperial, conseguindo unha bolsa que lle permitiu estudar gratuitamente na escola municipal de Stadkonvikt. Alí foi alumno de Antonio Salieri (mestre de mestres: deulle clase tamén a Beethoven), e grazas á orquestra da escola, para a que escribiu as súas primeiras sinfonías, familiarizouse coa

"O Barbeiro de Sevilla" de Rossini

Imaxe
Gioachino Rossini  (Pésaro, 1792- París, 1868) foi un compositor italiano que adicouse á ópera. Rossini, xunto a outros compositores, considérase cmo un autor da época dourada do Belcantismo : un estilo operístico que esixe un dominio da respiración, dos virtuosismos vocais e sobre todo un perfecto legato cunha gran beleza vocal. Aos 8 anos comezou a estudar no Conservatorio de Bolonia. Aos 14 compón a súa primeira ópera, pero será con 18 anos cando se estrea a primeira ópera súa. Rossini compuxo sobre 40 óperas, mais tamén ten misas e cantatas. No ano 1816 estreouse en Roma unha das súas óperas máis famosas: "O barbeiro de Sevilla". Está baseada nunha triloxía (Mozart compuxera "As bodas de Fígaro" coa segunda parte).  Trátase dunha ópera bufa (cómica) en dous actos que relata a historia de dous namorados, o conde de Almaviva e a moza horfa Rosina. Con moitos enredos, a parella axudados polo barbeiro Fígaro, consegue casar.  Escoitamos a súa c