Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

"Valse triste" de Sibelius

Imaxe
  Jean Sibelius (1865-1957) foi un compositor finlandés do Romanticismo tardío que se converteu nun símbolo non só da música do seu país, senón un símbolo do seu país. Sibelius comezou tocando o piano con 5 anos, mais os crueis métodos da súa tía Julia (se tocaba unha nota falsa, pegáballe cunha agulla nos dedos) fixeron que abandoara un estudo sistemático, mais adentrouse na improvisación. Aos 15 anos quedou enfeitizado polo violín. Ao pouco tempo, forma un trío de corda coa súa irmá Linda, ao piano e o seu irmán Christian, ao violonchelo. Será o violín o instrumento co que faga carreira concertística. Mais foi a súa faceta como compositor o que trouxo o gran recoñecemento en Helsinqui, Berlín, Viena, Londres, París, Estados Unidos... O seu  Valse triste está inspirado nunha obra chamada A morte escrita polo seu cuñado Arvid Järnefelt.

Que cadencia é?

Imaxe
Continuamos co entrenamento do noso oído co recoñecemento auditivo das cadencias. Clicando sobre a imaxe, accederás á plataforma na que farás este test.

Repasamos as cadencias musicais

Imaxe
  Espero que este vídeo te poda axudar a comprender as cadencias. 

Repasamos as inversións dos acordes

Imaxe
  Podes repasar as inversións dos acordes tríadas no seguinte vídeo: Agardo que te axudase

Repasamos os acordes tríadas

Imaxe
  Podes repasar os acordes tríadas no seguinte vídeo: