Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Que cadencia é? para 1º GP

Imaxe
Clicando na imaxe superior, podes acceder ao exercicio auditivo para recoñecer as cadencias que estamos traballando. Escoitarás o enlace de tres acordes: presta atención aos dous últimos para identificar a cadencia correcta.

Jerusalema

Imaxe
O seguinte vídeo é para os alumnos e alumnas de 1ºGP: resultaralles doado pero así interiorizamos tranquilamente o tresiño de negras. Xa era hora de ter un petisco fácil de "dixerir"! E cun tema viral que puxo a bailar ao mundo enteiro!  

Suite nº 3 de Bach para 1º GE

Imaxe
  Os alumnos e alumnas de 1º GE imos escoitar  fragmentos da Suite nº 3 de Bach. Unha suite é unha obra que contén danzas. Que instrumento a interpreta? Para saír de dúbidas, mira o seguinte vídeo: