Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

"Aria" da Suite para Orquestra nº 3 de Bach

Imaxe
Johann Sebastian Bach (Eisenach,1685-Leipzig,1750) foi un músico e compositor do Barroco, considerado dos máis influíntes na Historia da Música.  A familia Bach era unha familia de músicos e compositores, así que o seu primeiro contacto coa música foi na súa propia casa. Tocaba o órgano, o clavicordio e o violín. Ademáis dende pequeno foi neno cantor do coro da súa escola. Tamén foi director de coros e mestre de capela. Despois de Johann Sebastian Bach, varios dos seus fillos seguirán a tradición do seu pai como músicos: Wilhelm Friedemann, Carl Philipp Emmanuel, e os seus fillos do matrimonio con Anna Magdalena Bach:  Gottfried Heinrich, Johann Christoph Friedrich e Johann Christian.   Ao longo da súa vida traballou intensamente como compositor e como mestre, sendo o teclado a base da formación dos seus alumnos. Aínda o son na actualidade para os alumnos de piano dos conservatorios. Escoitaremos a "Aria" da súa Suite nº 3 . Unha suite é un conxunto de danz

"Mesías" de Händel

Imaxe
Georg Friedrich Händel (Halle, 1685-Londres, 1759) foi un compositor do Barroco de orixe alemá que posteriormente se nacionalizou inglés.  As súas obras inclúen tódolos xéneros da época, destacando as súas 46 óperas e 23 oratorios. O oratorio é un xénero musical para coro, solista e orquestra onde un narrador presenta un tema, case sempre, relixioso. A diferencia da ópera, o oratorio non se representa, nin hai decorados nin as súas persoaxes van caracterizadas. O oratorio máis célebre de Händel é o seu "Mesías", composto apenas en tres semanas. Trata da vida de Xesús de Nazaret, mais é habitual escoitalo no Nadal. Consta de tres partes. Escoitaremos o coro "Hallelujah" da segunda parte.

Concerto para trompeta de Telemann

Imaxe
Georg Philipp Telemann (Magdeburgo, 1681-Hamburgo 1767) foi un compositor barroco alemán contemporáneo de J.S.Bach e G.F. Haendel.  O libro Guinness de records indica que é o compositor do que se conservan máis obras. A pesar de que en vida tivo éxito, no século XIX as súas obras eran interpretadas con pouca frecuencia.   Un século despois as obras de Telemann volveron a espertar moito interese, xunto coa recuperación dos instrumentos barrocos. Escoitaremos o Adagio do Concerto en Re Maior para trompeta interpretado cunha trompeta piccolo, creada a finais do século XIX para interpretar obras barrocas. É máis pequena e sona unha octava máis aguda. No seguinte vídeo escoitaremos a versión da trompetista inglesa Alison Balsom no seu recente disco adicado á música barroca.

As Catro Estacións de Vivaldi

Imaxe
Antonio Vivaldi (Venecia 1678-Viena 1741) foi un sacerdote e compositor coñecido como Il prete rosso (O padre roibo) pola cor do seu cabelo. Escribiu máis de cincocentos concertos, na maioría para violín, máis de corenta óperas e máis de setenta sonatas. Quizáis a obra máis célebre sexan As Catro Estacións , un conxunto de catro concertos para violín, onde un violín solista dialoga coa orquestra. Cada concerto ten tres movementos alternándose rápido-lento-rápido. Ademáis, Vivaldi escribe na partitura uns sonetos que acompañan á música adicados a cada estación do ano.

"Adagio en Sol menor" de Albinoni?

Imaxe
Do compositor veneciano Tomaso Albinoni (1671-1751) chegaron aos nosos días moi poucas obras, xa que durante a Segunda Guerra Mundial foi destruida a Biblioteca de Dresden, onde estaban a maiorías das súas obras. Remo Giazotto, un musicólogo italiano, fíxenos crer que arranxara unha obra de Albinoni a partir dun manuscrito atopado na Biblioteca de Dresden. No manuscrito había un pentagrama co baixo e seis compases da melodía e que formaba parte dun movemento lento dunha sonata a trío. Hoxe sabemos que Giazotto foi o verdadeiro autor desta fermosa obra composta en 1945.

"Dido" de Purcell

Imaxe
Esta semana escoitaremos unha aria da ópera "Dido" do londinense Henry Purcell.  Esta ópera foi escrita en 1689 e seleccionei para escoitar o seu "Lamento de Dido", na que a raíña de Cartago, Dido, chora porque o heroe troiano Eneas a abandona, ademáis entenderemos o argumento da ópera grazas a "Cuéntame una ópera"

"Canon en Re Maior" de Pachelbel

Imaxe
Viaxamos á Alemaña do século XVII para coñecer a música do compositor Johann Pachelbel : un dos máis importantes músicos da xeración anterior a Johann Sebastian Bach. Como comentamos na nosa aula, o estilo musical que corresponde a este período é o Barroco. Sen dúbida, a obra máis célebre de Pachelbel é o seu Canon en re maior , composto para tres violíns e baixo continuo, que será interpretado por un instrumento melódico de tesitua grave (violonchelo, fagote) e outro harmónico (clavecín ou órgano). Para comprender a técnica compositiva do canon, propóñovos ver o seguinte vídeo:

"Te Deum" de Charpentier

Imaxe
A audición desta semana para os meus alumnos e alumnas de 3º GE será o " Te Deum " do compositor do Barroco francés Marc-Antoine Charpentier . O rondó desta obra é moi popular, xa que é utilizado como sintonía da rede de Eurovisión. O " Te Deum"  (a súa traducción sería: "A ti, Deus") é un motete polifónico que ten dez números para ser interpretado por oito solistas vocais, coro, orquestra e órgano. A obra foi composta entre 1688 e 1698 durante a estancia de Charpentier na igrexa de Saint-Louis en París, onde foi director musical

Agóxica ou dinámica?

Imaxe
Neste 2º curso de GE aprendimos conceptos relacionados coa agóxica (cambios na velocidade) e coa dinámica (cambios na intensidade). De novo aproveitamos un xogo musical feito por Alejandra Medín Doce para repasar estos conceptos, ademáis do de tempo (indicación da velocidade dunha obra musical). Atréveste?

Ruleta de palabras: repaso do 2º trimestre de 2º GE

Imaxe
Grazas á nosa queridísima Alejandra Medín Doce podemos repasar conceptos que traballamos en 2º curso de Grao Elemental dun xeito moi divertido coa súa ruleta de palabras. Clicade na imaxe e comezamos!