"La Traviata" de Verdi



La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi (Busetto, 1813-Milán, 1901) baseada na novela de Alexandre Dumas: A dama das camelias, na que se narra a historia de Violetta.

De pequeno, Giuseppe amosou interese na música, tanto que chamou a atención do organista do seu pobo. Aprendeu a tocar a espineta (un instrumento de tecla da familia do clavecín) e aos 10 anos será o organista do seu pobo. 

Con 18 anos marcha a Milán para intentar entrar no conservatorio: foi rexeitado por falta de técnica ao piano. Na actualidade ese conservatorio chámase "Giuseppe Verdi"!. Mais iso non foi impedimento para seguir co seu soño. Vai a clases de composición e solfexo.

A estrea da súa primeira ópera, Oberto, foi cando tiña 26 anos e se consideraba esa idade como moi maior para un músico. Aínda así foi todo un éxito

Quen ía dicir que será un dos compositores máis famosos de óperas: Nabucco, Rigoletto, Aida, La Traviata...!

Podedes escoitar o seu célebre brindis:






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi