Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

As Catro Estacións de Vivaldi

Imaxe
Antonio Vivaldi (Venecia 1678-Viena 1741) foi un sacerdote e compositor coñecido como Il prete rosso (O padre roibo) pola cor do seu cabelo. Escribiu máis de cincocentos concertos, na maioría para violín, máis de corenta óperas e máis de setenta sonatas. Quizáis a obra máis célebre sexan As Catro Estacións , un conxunto de catro concertos para violín, onde un violín solista dialoga coa orquestra. Cada concerto ten tres movementos alternándose rápido-lento-rápido. Ademáis, Vivaldi escribe na partitura uns sonetos que acompañan á música adicados a cada estación do ano.

"Adagio en Sol menor" de Albinoni?

Imaxe
Do compositor veneciano Tomaso Albinoni (1671-1751) chegaron aos nosos días moi poucas obras, xa que durante a Segunda Guerra Mundial foi destruida a Biblioteca de Dresden, onde estaban a maiorías das súas obras. Remo Giazotto, un musicólogo italiano, fíxenos crer que arranxara unha obra de Albinoni a partir dun manuscrito atopado na Biblioteca de Dresden. No manuscrito había un pentagrama co baixo e seis compases da melodía e que formaba parte dun movemento lento dunha sonata a trío. Hoxe sabemos que Giazotto foi o verdadeiro autor desta fermosa obra composta en 1945.

"Dido" de Purcell

Imaxe
Esta semana escoitaremos unha aria da ópera "Dido" do londinense Henry Purcell.  Esta ópera foi escrita en 1689 e seleccionei para escoitar o seu "Lamento de Dido", na que a raíña de Cartago, Dido, chora porque o heroe troiano Eneas a abandona, ademáis entenderemos o argumento da ópera grazas a "Cuéntame una ópera"

"Canon en Re Maior" de Pachelbel

Imaxe
Viaxamos á Alemaña do século XVII para coñecer a música do compositor Johann Pachelbel : un dos máis importantes músicos da xeración anterior a Johann Sebastian Bach. Como comentamos na nosa aula, o estilo musical que corresponde a este período é o Barroco. Sen dúbida, a obra máis célebre de Pachelbel é o seu Canon en re maior , composto para tres violíns e baixo continuo, que será interpretado por un instrumento melódico de tesitua grave (violonchelo, fagote) e outro harmónico (clavecín ou órgano). Para comprender a técnica compositiva do canon, propóñovos ver o seguinte vídeo:

"Te Deum" de Charpentier

Imaxe
A audición desta semana para os meus alumnos e alumnas de 3º GE será o " Te Deum " do compositor do Barroco francés Marc-Antoine Charpentier . O rondó desta obra é moi popular, xa que é utilizado como sintonía da rede de Eurovisión. O " Te Deum"  (a súa traducción sería: "A ti, Deus") é un motete polifónico que ten dez números para ser interpretado por oito solistas vocais, coro, orquestra e órgano. A obra foi composta entre 1688 e 1698 durante a estancia de Charpentier na igrexa de Saint-Louis en París, onde foi director musical