Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Sinfonía nº 5 de Beethoven

Imaxe
Ludwig van Beethoven , nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. A súa producción musical abarca desde o período clásico ata inicios do Romanticismo musical.  Foi o último gran representante do clasicismo vienés (logo de Christoph Willibald Gluck, Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart).  A súa arte expresouse en diferentes xéneros e aínda que son as súas sinfonías a fonte principal da súa popularidade, o seu impacto foi enorme nas súas obras para piano e música de cámara. Beethoven rompe moitos dos esquemas da música do XVIII: xogar cos tempos, engadir movementos ás sinfonía, crear obras a partir de poucas notas... Sabías que foi un amigo seu, Johhan Nepomuk Maelzel, o inventor do obxecto que permite indicar o tempo exacto dunha obra? O metrónomo. Así Beethoven podía asegurarse que as súas obras se interpretarían tal e como el quería. Escoitaremos o primeiro

Sinfonía nº 40 de Mozart

Imaxe
Ao longo da súa vida, Mozart loitou por conseguir a súa independencia como músico. Tivo que opoñerse ás ordes que lle quería impoñer a aristocracia, quenes o facían sentir como un servente.  Mozart adica moito interese a un instrumento ao que varios fabricantes de Viena conseguen mellorías no seu mecanismo: o pianoforte. Grazas a esos fabricantes e ás mellorías, os compositores do Clasicismo lle adican moitas composicións (sonatas e concertos para piano e orquestra), ademáis de ser grandes intérpretes de pianoforte. Mozart coñeceu a Haydn en Viena. Cando Haydn visitaba a cidade, interpretaban xuntos nun cuarteto de corda improvisado. Mozart escribirá seis cuartetos adicados a Haydn. Ao igual que Haydn, Mozart tamén escribe sinfonías. Deixa 41 sinfonías, da que escoitaremos a   Sinfonía nº 40 en sol menor, catalogada como K.550.  Despois de súa morte, Ludwig von Köchel catalogou toda a obra de Mozart e para identificar este catalogo se usa a K maiúscula e o número da ob

"Pequena Serenata Nocturna "de Mozart

Imaxe
Wolfgang Amadeus Mozart (Salzburgo, 1756- Viena, 1791) está considerado un dos máis grandes compositores da música clásica europea.  O seu pai era compositor e músico da corte arzobispal de Salzburgo. Por iso, o pequeno Amadeus e a súa irmá María Anna (Nannerl) medraron rodeados de música. Os dous irmás tiñan moito talento musical. Mozart descubriu o clavecín con 3 anos. Con 4 tocaba o violín. Aos 8 anos compuxo a súa primeira sinfonía e aos 12 a súa primeira ópera. Leopold Mozart levou aos seus fillos de xira polas principais cortes imperiais de Europa: Munich, Viena, París, Londres e Amsterdam. Despois viaxarán a Italia, para que o pequeno aprendera a arte de escribrir ópera. Continuaremos coñecendo máis da súa vida e obra na seguinte publicación. Agora escoitaremos a súa Pequena Serenata Nocturna (Eine kleine Nachtmusik). A súa instrumentación é a habitual para o conxunto de cámara: dous violíns, viola, chelo e contrabaixo opcional.

Minueto de Boccherini

Imaxe
Luigi Boccherini  (Lucca, 1743-Madrid, 1805) foi un compositor e violonchelista italiano, que viviu dende pequeno rodeado de artistas: seguiu os pasos do seu pai, que era violonchelista. O seu irmán  foi poeta e a súa irmá bailarina de ballet. Boccherini, despois de estudar na Basílica de San Pedro de Roma, obtén unha praza na corte imperial de Viena. Despois do seu paso por París, viaxa a España; namorado dun cantante de ópera, Clementina Pelliccia, viaxa xunto con ela e a compañía de ópera a España.  No ano 1770 é nomeado violonchelista e compositor da capela real do infante Luis Antonio de Borbón. Comezou a compoñer música de cámara, cuartetos e quintetos (forma a que adicou o seu maior interese deixando compostas 124 obras para esta formación).  O minueto do Quinteto de Corda Op. 11 nº5 é a peza máis célebre do compositor. No quinteto é o violonchelo o que se dobla. (Violín I, Violín II, Viola, Violonchelo I, Violonchelo II)