Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

Dictado 10 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este último dictado do ano. Son dous temas dun fermoso canto de nadal galego. Non vos deixedes impresionar polo número de compases! A súa rítmica é moi doada e neses dous temas atoparedes motivos repetidos.  Coma sempre, reparade na tonalidade. Con que grao comezará? Quería practicar a escritura en 3/8, aínda que o tempo para facilitar este dictado é moi lento. Deixo algúns compases de regalo. Feliz Nadal 

Feliz Aninovo

Imaxe

Dictado 4 para alumn@s de 2º GP

Imaxe
Este dictado é un canto á primavera de W. A. Mozart. No baixo escoitaredes os acordes arpexiados. Atent@s! Ademáis dos acordes dos graos tonais aparece o acorde do II grao. O comezo deste dictado 4:

O Peque Coro no Teatro Jofre

Imaxe
Se aínda non tes entrada, deberás darte moita presa porque están voando as entradas para poder ver ó Peque Coro do Xan Viaño participando na Mostra de Corais da Terceira Idade no teatro Jofre. Vai a todo filispín... A cita é mañá luns 17 de decembro ás 17:30 no teatro Jofre.

Dictado 9 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado é unha  Polonesa  de J.S.Bach que forma parte do célebre  Caderno de Anna Magdalena.  E non fagades trampas...que moitos alumn@s de piano tedes este  Caderno ...!. Seguimos entrenando o noso oído. Velaí o comezo:

Dictado 3 para alumn@s de 2º GP

Imaxe
Este dictado é unha adaptación dun tema dunha  Escocesa  de Beethoven, aínda que cun tempo máis lento. No baixo escoitaredes os acordes de tónica e dominante (con calquera das notas que forman eses acordes). Velaí o seu comezo:

Recoméndoche un concerto: "Dido e Eneas"

Imaxe
Tedes a oportunidade de disfrutar de Dido e Eneas , interpretada polo coro Cantabile da Coruña. É unha ópera barroca interpretada por este coro infantil-xuvenil baseada na historia da raíña de Cartago, Dido, e o heroe troiano Eneas.  Dido e Eneas  foi a primeira ópera de Purcell, estreada en Londres no ano 1688.  Aquí tedes a aria máis famosa,  "O Lamento de Dido" , na que Dido chora porque Eneas a abandona: Este domingo 9 de decembro ás 20:00 no teatro Jofre. Se precisades máis información, consultade a páxina do Teatro Jofre:  Dido e Eneas  

Dictado 8 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado 8 é un tema dunha célebre aria de Mozart. De que aria se tratará? Escoitarémola á próxima semana na nosa aula.  Velaí o seu comezo: Atención...non son oito compases!.

Dictado 2 para alumn@s de 2º GP

Imaxe
Este dictado para alumn@s de 2º GP é unha melodía popular recollida no Cancioneiro de Villalba Freire:  Barqueiros de Ribadavia. Velaí o comezo:

Axúdanos a orquestrar un bo almorzo

Imaxe
Para que a nosa mente e o noso corpo funcionen ben,  debemos comezar o día cun bo e saudable almorzo. Para que tod@s poidamos almorzar, e solidarizándonos coas persoas máis desfavorecidas, comeza no noso conservatorio a recollida de alimentos para doar á Cociña Económica de Ferrol. Na entrada do noso conservatorio atoparás un recuncho para que deixes a túa doazón de alimentos non perecedoiros (especialmente alimentos para o almorzo) Axúdanos a orquestrar un bo almorzo! 

Dictado 7 para alumn@s de 4º GE

Para este dictado 7, estas son as únicas axudas: muiñeira en la menor comezando no V grao. Dicindo que é unha muiñeira, xa sabedes o compás, o comezo habitual e o patrón rítmico máis característico.

Que intervalo sona?

Imaxe
Para repasar os exercicios de recoñecemento de intervalos, elaborei as seguintes actividades. Clicade sobre a imaxe e poderedes comezar o voso entrenamento auditivo. Canta cada intervalo antes de responder.  Intervalos melódicos de 2ª, 3ª, 6ª e 7ª maiores e menores Intervalos harmónicos de 4ª e 5ª xusta Intervalos harmónicos Neste último exercicio debes escribir o intervalo que escoitas a partir da nota escrita na partitura. Amplía a imaxe para poder vela. Recorda que ese é o son máis grave. Para indicar a especie, emprega iniciais e uso de maiúsculas e minúsculas: M (maiores), m (menores), X (xustos).

Dictado 6 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado 6 é unha fermosa melodía do compositor italiano Giovanni Paisiello (1740- 1816), quen compuxo máis de cen óperas. Trátase da aria Nel cor piú non mi sento .  Só adaptamos un pouco a rítmica da melodía principal para traballar no recoñecemento dalgúns patróns rítmicos. A  melodía ten un comezo anacrúsico no V grao. E atención a un semitono cromático...! Coma sempre, traballade con subdivisión.

O paxariño que quere cantar

Moit@s alumn@s do conservatorio coñeceron a través do blog do Peque Coro a seguinte curtrametraxe, pero merece a pena compartilo con tódolos alumn@s de Linguaxe Musical. A historia dun paxariño que quere cantar e non pode. Do seu pico só sae aire...sen un son afinado. Prestade atención e observaredes coma na representación das distintas personaxes hai distintos timbres, xa que cada no canto de cada personaxe sona un intrumento distino. Saberíades dicir cal? Gústame moitísimo...e ademáis quero animar a tódolos alumnos e alumnas a que se esforcen en aprender a cantar, coma o paxariño, e así, cada un de vos, atoparedes a beleza das vosas voces.

Equivalencias. Cambio de pulso?

Imaxe
Para que @s alumn@s de 4º GE podades repasar as equivalencias,  elaborei unha nova actividade. Clicade sobre a imaxe e pensade en cada indicación, tendo sempre presente a unidade de pulso de cada compás. Para poder ver ben o exercicio de cada pregunta, empregade a lupa para que amplíe a imaxe.

Dictado 5 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado 5 é un fragmento do tema do primeiro movemento da sonata nº 11 para piano de Mozart. A célebre "Marcha turca" forma parte desta sonata. Velaí o comezo. Cal é a súa tonalidade? Reparade na armadura e escoitando o dictado, non hai lugar a dúbidas. Pois ben...: por que grao comeza a melodía? Pensade a que acorde pode corresponder esa nota.  Última recomendación: mentres escoitades a melodía non deixedes de subdividir. E tódol@s alumn@s que tedes diapasón, utilizádeo en caso de estar perdid@s.

Que tipo de escala menor é?

Imaxe
Para que @s alumn@s de 3º e 4º GE podan repasar o recoñecemento auditivo dos tipos de escalas menores, elaborei a seguinte actividade. Clicade sobre a imaxe e xa poderes comezar!

Dictado 4 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado 4 é o tema principal dunha sarabanda de Haendel: a célebre sarabanda en re menor. Unha sarabanda é unha danza lenta en compás ternario. Antes de comezar a escribila, escoitádea un par de veces. Aí van as axudas para que escribades a melodía superior ( a voz máis aguda). Tonalidade: re menor. Comeza no III. Compás: 3/2. 16 compases. Velaí o comezo desta melodía:

Dictado 3 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado 3 é un fragmento dun célebre minueto de Beethoven. Velaí tedes o comezo:

Aprender a ler notas en distintas claves

Imaxe
Se queredes praticar a vosa destreza de lectura de notas, tedes a seguinte páxina. Podedes modificar a clave (sol, fa en 4ª e do en 3ª e 4ª liña) e o nivel.  Clicade sobre a imaxe e comezaredes a lectura.

Dictado 2 para alumn@s de 4º GE

Este dictado 2 presenta unha melodía popular checa.  Anotade no voso caderno: compás de compasillo e do menor Antes de comezar a melodía sonará a tónica, establecendo o tempo. Recordades os tipos de escalas menores?  Pensade nos disitntos tipos e prestade atención neste dictado ó VI e VII grao.

Dictado 1 para alumn@s de 4º GE

Comezamos as nosas tarefas de  auditivo! Despois de dous compases de introducción, comeza a melodía principal que debemos escribir. A tonalidade é Sol M.

Interpreta coas túas mans unha obra solidaria

Imaxe
Este ano volvemos a colaborar coa asociación  AS.PA.NE.MI  (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) coa recollidas de tapóns de plástico. A  campaña deste ano  é para axudar a Alba: unha rapaza de 14 anos que precisa un custoso tratamento médico. O curso pasado, a colaboración d@s alumn@s, pais e nais e amig@s, foi moi grande. Eu aprendín que @s pequen@s sodes moito máis solidarios que o mundo adulto. A vosa implicación pensando nas dificultades doutros nen@s é maior que a nosa. Quizais a medida que medramos perdemos ilusións de mellorar o noso mundo. Vos devolvédenos a enerxía e as gañas de loitar por un mundo mellor.  Grazas pola vosa solidariedade.

Secuencia de acordes para 2º GP

Imaxe
Na seguinte actividade escoitaredes secuencia de acordes sobre graos tonais nunha tonalidade maior. Prestade atención e marcade a resposta correcta. Clicade sobre a imaxe e xa podedes comezar a actividade. A continuación unha nova secuencia de acordes sobre graos tonais nunha tonalidade menor.

Era unha vez...a respiración

Imaxe
Gústame moito este vídeo onde podemos comprender o sistema respitarorio (ademáis da importancia das defensas do noso corpo e a necesidade de ter hábitos saudables).  Para cantar é moi importante controlar a nosa respiración; por iso insistimos tanto en cada ensaio cos exercicios previos. Coñezamos un pouco máis do funcionamento do noso sistema respiratorio. Xa sabedes, debemos preparar o noso corpo ante os invasores. Abrigádevos ben, comede moita frota e verdura, bebede moita auga, durmide ben e practicade exercicio físico. Podedes recordar os consellos para o coidado da vosa voz visitando  o blog do Peque Coro  clicando aquí:  Coidados para a voz dun pequecorista.  

O mundo dos acordes

Imaxe
Para @s alumn@s de 3º G.E. propoño unha nova actividade coa fin de entrenar o noso oído na diferenza entre os acordes perfecto maiores e os acordes perfecto menores. Clicade sobre a imaxe e comezaredes a actividade. As preguntas cambian a súa orde, así que @s que teñades dúbidas, repetide o exercicio e atendede á correción dos erros.

Tonalidade...?

Imaxe
Dende 2º de G.E., insistimos moito na importancia de reparar na tonalidade antes de comezar a cantar unha nova melodía. Tanto insistimos que Ana adicoume un debuxo no que eu pregunto: "Tonalidade", e alegremente respóndenme. (Un segredo...encántame este debuxo. @s que coñecedes a aula, hai que recoñecer que hai detalles inconfundibles: na miña mesa o mini-piano feito de papel por Claudia, o meu super lapis coa clave de sol...O que máis me gusta é o sorriso de tódol@s nen@s antes de comezar a cantar) Volvendo o tema: moit@s alumn@s non miraban a armadura e deixábanse levar pola acompañamento do piano, e cada nota que cantaban supoñía un risco. ( Buf!... que suor...en la menor aparece un sol sostido! ). E claro que é un risco comezar a cantar sen saber a tonalidade!. Imaxinades un paracaidista que se lance dende o alto dun helicóptero sen o seu paracaidas?. Pois o noso paracaidas é a tonalidade...prepara a nosa viaxe pola melodía. Primeiramente de

Que tonalidade é?

Imaxe
Unha nova proposta para traballar as tonalidades: un test para recoñer auditivamente as tonalidades.  Para cada pregunta hai un audio no que escoitaredes o la do diapasón, seguidamente a tónica e a súa escala.  De novo, o la do diapasón e os acordes da tonalidade. Preséntovos os acordes sempre na mesma disposición.  Exemplo: Sol M.  Nas escalas menores escoitaredes a escala natural e nos acordes de dominante emprégase a sensible. Preparad@s...? Comeza o exercicio clicando sobre a imaxe.

O mundo das tonalidades

Imaxe
Para @s alumn@s de 3º G.E. este curso amplíanse moito a súa perspectiva na teoría musical. As tonalidades é todo un mundo por descubrir. Para isto propoño novas actividades.  Querid@s alumn@s, para cada armadura corresponden, coma ben sabedes, unha tonalidade maior e outra menor (os tonos relativos comparten a mesma armadura). Así pois, nesta actividade cando a pregunta se refira a unha tonalidade maior, clicade sobre o recadro superior do pentagrama, mentres que a pregunta se refira a unha tonalidade menor, clicade sobre o recadro inferior do pentagrama. Coma sempre, clicade sobre a imaxe para que vos leve ó exercicio. Tonalidades e armaduras con sostidos Tonalidades e armaduras con bemois ... A TRABALLAR!!

O mundo dos intervalos III

Imaxe
Un último esforzo para repasar o tema dos intervalos. No seguinte exercicio teredes que completar a clasificación dos intervalos. Empregaremos o uso de letras para a clasificación da especie. M: maiores, m: menores, X: xustos, A: aumentados, d: disminuídos. E separade o díxito da letra. P.e.: un intervalo de quinta xusta escribiremos 5 X. Concentración...clica sobre a imaxe para comezar Non te preocupes do tempo!

O mundo dos intervalos II

Imaxe
Mentres @s alumn@s de 3º G.E. repasan a clasificación de intervalos, eu aprendo a crear novos recursos. Grazas a  Educaplay , o Portal de Actividades Educativas Multimedia, podo elaborar as nosas actividades. Ahí vai o primeiro para o repaso de intervalos. Clicade sobre a imaxe e levaravos ó portal onde realizaredes os exercicios. Só tedes que ler a pregunta e responder clicando no recadro correspondente. Repaso de intervalos de 2ª e 3ª Repaso de intervalos de 4ª, 5ª e 8ª Repaso de intervalos de 6ª e 7ª ...A TRABALLAR!!

O mundo dos intervalos

Imaxe
@s alumn@s de 3º de G.E. están inmersos no mundo dos intervalos: orde e especie. A clasificación dos intervalos é unha tarefa doada pero precisa da vosa concentración para clasificar con exactitude nas distintas especies. Grazas a Adriana, a autora do blog  aulamusicaldeadriana.blogspot.com , repasamos os intervalos cun dos seus exercicios de clasificación. Clicade sobre a imaxe e poderedes comezar o exercicio. Moita concentración!

Lista de enlaces para facer dictados

Imaxe
O compositor ruso Igor Stravisnky dicía  "Escoitar supón un esforzo. Oír non ten mérito. Os parrulos oen." Velaí tedes unha lista de blogs de profesoras de Linguaxe Musical e outras páxinas interesantes para insistir nesta laboriosa tarefa do entrenamento auditivo: Henarmonía :  o blog da nosa amiga a directora do Coro Infantil do Conservatorio de Lugo. Ademáis, grazas a Henar aprendín como podía compartir c@s pequecoristas os dictados no noso blog. Clicade sobre a imaxe e poderedes facer os dictados de Henar. Por certo, trae as solucións. Mais non fagades trampas! Dictados Musicales   de Elena Álvarez :  tedes dictados rítmicos, melódicos, rítmico-melódicos...de diferentes niveles. Ademáis de xogos, práctica de intervalos, dictados a dúas voces...ata probas de aceso dalgúns conservatorios. El blog de Lenguaje Musical  de María Quintanilla:  ten moitos dictados para cada curso de linguaxe musical para escoitalos e tamén descargalos.