Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

Repertorio de Coro de GP: Gabriel Fauré

Imaxe
No coro de Grao Profesional adicamos a maior parte dos nosos ensaios a dúas obras de  Gabriel Fauré  (1895-1924): compositor, pedagogo, pianista, director de coros e organista Fauré é considerado o compositor francés máis destacado da súa xeración, sendo o seu estilo musical moi influinte nos compositores do século XX. Cando tiña 9 anos foi á  École de Musique Classique et Religieuse  de París no que se centraban na formación de organistas e directores corais de música sacra. Entre os seus mestres citamos a  Camille Saint-Saëns , que se convertiría no seu amigo de por vida.  Cando Fauré tiña 19 anos escribiu  Cantique de Jean Racine  para coro mixto e órgano. Con esta obra gañou o primeiro premio cando se graduou na súa escola. O texto está baseado nun himno ambrosiano do dramaturgo Jean Racine. O compositor realizou outra versión con acompañamento de órgano e cordas. Na actualidade, podemos escoitar outra versión realizada por John Rutter con acompañamento para cordas e

Dictado 4 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado para traballar nestas merecidas vacacións é un canto de Nadal: Hark! The herald angels sing. Escoita! os arcanxos cantan . O autor deste canto é o compositor romántico Felix Mendelssohn (1809-1847). Aínda que orixinariamente o compositor escribira esta melodía con outra fin. En 1840 Mendelssohn escribía unha cantata para conmemorar a invención da imprenta de Johann Gutenberg. Aproximadamente unha década despois, o músico inglés William H. Cummings adapta a melodía de Mendelssohn coa letra do himno de Charles Wesley (Hark! The herald angels sing). E velaí unha das obras que podedes escoitar en distintos espazos sonoros durante estes días de Nadal. Este dictado ten 20 compases. Para facilitar a vosa tarefa, proporciono varios compases. INICIO: COMPÁS 9 COMPÁS 13 FELIZ NADAL MUSICAL!

Dictado 3 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado 3 está baseado nun minueto de W. A. Mozart. Concretamente no minueto da súa Sonatina Vienesa nº 1. Velaí o comezo do dictado

O Zortziko

Imaxe
Para que @s alumn@s de 1º GP puidesen interiorizar mellor o zorztiko (danza de tradición vasco-navarra con compás de 5/8 en tres tempos ) realicei unha escolma de vídeos. No primeiro vídeo veredes a fusión da danza contemporánea coa música tradicional. Un único intérprete para este zorztico: o  txistulari , quen toca a súa frauta de tres orificios e o tamboril.  Como en moitas ocasións acontece, a música tradicional inspira aos compositores. A continuación, o  Zorztiko Miramar  do virtuoso violinista  Pablo Sarasate  (Pamplona, 1884- Biarriz, Francia, 1908) interpretado por Ara Malikian Por último, un exemplo do virtuoso pianista e compositor  Isaac Albéniz  no que podedes seguir a audición coa partitura. Veredes como agrupa o contido rítmico en dous tempos, mais sempre acentúa a segunda corchea do primeiro tempo. 

Dictado 2 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado desta semana é unha adaptación dunha pequena danza de Köhler. John Augustus Köhler (Londres 1810-1878) pertence a unha familia de músicos e constructores de instrumentos de vento metal. Atención á segunda voz con respecto á primeira. As dúas están escritas en clave de sol.

Dictado 1 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
@s alumn@s de 1º de Grao Profesional teñen ansia de traballar moito! Pois velaí o noso primeiro dictado para traballar na casa. Este dictado é unha adaptación dunha arietta de Lully.  Jean Baptiste Lully (Florencia, 1632- París 1687) foi un compositor barroco que estivo ó servizo do rei Sol, Luis XIV. Considérase o creador da ópera francesa, na que o ballet cobra moita importancia. Velaí o seu comezo:

Secuencia de acordes para 1º GP

Imaxe
Nestas semanas estamos entrenando o noso oído no recoñecemento do enlace dos acordes de tónica, dominante e subdominante. Para continuar a nosa práctica realizade o seguinte exercicio: Clicade na imaxe para comezar: O seguinte exercicio está en modo menor:

Parabéns!

Imaxe
Tódol@s alumn@s de 4º G.E. por fin podedes celebralo! Xa sodes alumn@s de Grao Profesional. Os resultados de Linguaxe Musical nas probas de acceso foron moi bos. Eu xa o celebrei...aplaudindo por cada un de vós, saltando e louvándome nas conversacións polos alumn@s tan aplicad@s que teño. Foi un ano con moito traballo, esforzo e tensión final, así que este verán non vos marcarei tarefas de ningún tipo. Só recomendo que sigades cantando as vosas leccións favoritas, intentando escribir esa canción que acabades de escoitar e que tedes na vosa memoria...ou lendo unha partitura que acabades de atopar. Agora ademáis de cantar cheos de ledicia, de tocar aquelas obras que máis vos gustan..."toca" brincar, ir á praia, bailar,...A celebralo e disfrutade das vacacións! PARABÉNS ! Ata o vindeiro curso!

O que medramos nestes catro anos!

Imaxe
Despois de catro de anos nos que estivemos medrando musicalmente, chega o momento de dar un paso máis aló. Mañá @s alumn@s de 4º GE vos presentades ás probas de acceso ó Grao Profesional.  Serán intres cunha pouca tensión, coma calquer outra proba, mais debedes respirar profundamente, concentrarvos e defender cada proba con seguridade. Ó longo destes anos traballáchedes moito e tedes recursos dabondo como para poder superar estas probas. Eu, dende logo, estou segura que faredes unhas boas probas. Así que só queda que durmades ben esta noite, almorcedes mañá para coller enerxías e teñades confianza en vos mesmos. Ánimo, querid@s alumn@s!  Vémonos no próximo curso

Dictado 17 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado está baseado nun lied de Schubert. Presenta un tema (que vos resultará moi doado) e a partir deste realicei unha variación...para poder entrenarnos con distintos patróns rítmicos. Clica na imaxe e enlazarás coa plataforma onde poderás escoitalo. Completa a melodía

Próximo concerto do Peque Coro

Imaxe
Queres escoitar ó Peque Coro en concerto? Pois anímate a vir ó concerto deste sábado 11 de Maio ás 12.30. Ademáis poderás escoitar a outro coro de nen@s: o Coro Infantil do Cmus de Lugo. Xa sabes, a cita é o sábado 11 de Maio ás 12.30 no auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño.

Acordes tríadas

Imaxe
Pensando en que os alumn@s de 3º e 4º GE poidades identificar auditivamente distintos acordes tríadas, elaborei a seguinte actividade. Clicade sobre a imaxe e xa comezaredes o voso entrenamento auditivo.

Recoméndoche un concerto: Concerto do Clasicismo

Imaxe
Este venres 12 de Abril podes asistir a un concerto de piano adicado ó Clasicismo. Ademáis participará O Peque Coro neste concerto especial no que as vestimentas e o esceario farannos retroceder ó século XVIII. Venres 12 de Abril ás 17:30 no auditorio do noso Conservatorio. Auditorio José Arriola. Cmus Xan Viaño de Ferrol.

Dictado 16 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado desta semana é un fragmento dunha aria de Mozart. Unha das arias de Papageno: o paxareiro da Raíña da Noite da  Frauta Máxica,  que acompaña ó príncipe Tamino na súa aventura para rescatar á princesa Pamina. Velaí a melodía (da que adaptamos a súa tesitura) para completar : Nesta aria Papageno conta o desexo de encontrar unha compañeira:

Sakura

Imaxe
Na primavera a cereixeiras florecen. A  sakura  xaponesa (flor da cereixeira) simboliza a beleza da Natureza e o renacemento dun novo comezo. Coa chegada das flores as familias celebran o hanami : sentándose a observar a beleza das flores. Flores da cereixeira contra o ceo da Primavera ata onde alcanza a vista. É neboeiro ou son nubes? Perfume no ar. Ven agora, ven! Ollémolas, por fin! Nas clases de 4º GE celebramos tamén a chegada da primavera. A continuación, a Sakura pola Kantoría dirixida por Basilio Astúlez...quen nos visitará nesta primavera

A Fuga

Imaxe
A semana pasada adicámonos nas clases de 2º GP á fuga: unha forma que emprega o contrapunto imitativo. No seguinte vídeo podedes seguir a análise da fuga en Do Maior do Clave Ben Temperado de J. S. Bach A continuación, esta mesma fuga precedida polo seu preludio correspondente: E un último vídeo, por se queredes escoitar o preludio e fuga en do menor, a partir do que nos adentramos nas fugas.

Dictado 15 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado 15 é unha xiga da  Suite francesa  nº 6 de J. S. Bach. Aínda que o tempo neste dictado é moito máis lento do que corresponde e modifico ou suprimo notas de adorno, penso que segue sendo interesante traballar  os nosos dictados con excelentes melodías coma esta. Velaí as pistas para completar a melodía:

Forma Sonata

Imaxe
Nas clases de 2º GP estamos traballando a forma sonata: unha estructura que se emprega no primeiro movemento das sonatas, concertos, sinfonías e cuartetos do Clasicismo. A continuación, tedes varios exemplos onde se analiza este forma. 1º movemento da Sonata "Fácil" para piano de Mozart: 1º movemento da Sonata en Fa menor para piano de Beethoven: 1º movemento da Sinfonía nº 29 de Mozart

Recoñece os tipos de escalas maiores e menores

Imaxe
@s alumn@s de 4º GE xa recoñecedes os distintos tipos de escalas maiores e menores. A seguinte actividade esixe que estedes máis concentrad@s: tedes que recoñecer o tipo de escala, prestando tamén atención ó modo.

Minueto da Pequena Serenata Nocturna

Para @s alumn@s de 2º GP propóñovos o seguinte musicograma no que podedes ver a análise formal do Minueto da Pequena Serenata Nocturna de Mozart.

Que tipo de escala maior é?

Imaxe
Para reforzar o traballo dos alumn@s de 4º GE de recoñecemento auditivo dos tipos de escalas maiores, realicei unha nova actividade en Educaplay. Clicade sobre a imaxe para comezar. Animádevos a repasar a actividade adicada ós tipos de escalas menores.

Dictado 14 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Xa que estamos no Entroido, o dictado desta semana debe ter un carácter festivo. Trátase do popular "Galopín", un canto tradicional galego interpretado máis alén das nosas terras, formando parte do repertorio de moitos coros da Península. Velaí o comezo. Hai tres seccións (A, B e C) con repeticións, así que, a súa duración non debe asustarnos. Por último, a interpretación do Galopín polo Coro Infantil do Cmus da Coruña. Fantástico!:

Forma Binaria e Forma Ternaria

Imaxe
Nas clases de 2º GP estamos a analizar formas musicais, comezando pola forma binaria e ternaria. Hai moitos exemplos na rede. Como mostra, os interesantes vídeos realizados polo Departamento de Música do IES Misteri D'Elx. FORMA BINARIA FORMA TERNARIA

Dictado 13 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado pertence á aria  Voi che sapete  dunha ópera de Mozart, As vodas de Fígaro. A pesares do esforzo que supón realizar un dictado,   será   unha delicia escribir esta melodía!. Velaí varias pistas para completar a melodía: Clica na seguinte imaxe e enlazará co Dictado 13

Música pola Paz

Imaxe
Hai 300 anos varios países europeos (España, Portugal, Inglaterra, Francia, Austria...) poñían fin á Guerra da Sucesión Española. Toda Europa loitando por impoñer quen sería o novo rei de España. E que tódolos países tiñan os seus intereses: uns por manter ou ocupar novos territorios, outros por amosar quen era o máis poderoso...No ano 1713, na cidade holandesa de Utrecht, asinan a Paz.  En Inglaterra, o compositor barroco Haendel recibe o encargo dunha obra para conmemorar esta Paz. Así que compón  Utrecht: Te Deum e Iubilate . No seguinte vídeo escoitaredes  Gloria  e  "Como era ó principio"  do  Iubilate pola Paz de Utrecht  de Haendel

Dictado 12 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado é un fragmento da Habanera da ópera Carmen , escrita polo compositor francés Bizet, que aproveitamos para traballar pasaxes cromáticas. Podedes completar a melodía a partir destas pistas:

Curso con Basilio Astúlez

Imaxe
Se queredes disfrutar aínda máis cantando, debedes matricularvos no curso que dará Basilio Astúlez no noso conservatorio. Pasaremos tres días fantásticos. Neste curso pódense matricular profes, alumn@s de Grao Profesional e alumn@s de Grao Elemental. Eu xa estou matriculada, e ti?

Dictado 5 para alumn@s de 2º GP

Imaxe
Este dictado 5 é unha Polonesa do Caderno de Anna Magdalena Bach. Algúns compases non presentarán ningunha dificultade. E, como falamos nalgunha clase, aproveitade tódolos recursos musicais que tedes. Sabendo a tonalidade da melodía, debemos estar alerta á modificación do VI e/ou VII grao, non?. Pois, adiante:

Coral BWV 255

Imaxe
Nas clases de Linguaxe Musical de 2º GP estamos traballando a lectura de claves, mentres cantamos corais de Bach, coma este coral BWV 255, "Ach Gott und Herr"

Dictado 11 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado desta semana é un fragmento dun tema dunha sonata de Haydn. Xa que esta semana adicamos o noso traballo ás fusas, neste dictado aparecen unhas cantas...Como consello, traballade coa subdivisión. Insisto, coma sempre: reparade na tonalidade! Velaí varias pistas para completar. 

O son do lixo

Imaxe
En moitas ocasións non somos conscientes dos tesouros que temos: os nosos instrumentos. Comezamos os nosos estudos no conservatorio e poñen nas nosas mans un fermoso instrumento. Fermoso o seu son, fermosa a súa apariencia. Uns teñen preciosas madeiras, outros metais cun brillo case máxico, un verniz chispeante. Mais neste mundo non todos contan coa mesma fortuna. Nunha localidade de Paraguai, sumida na pobreza, existe unha orquestra que toca con instrumentos feitos con lixo. Esta orquestra causa admiración polo seu inxenio, pola súa tenacidade nunhas condicións que non deberían existir para ningún humano, e menos, para nen@s. Velaí un fragmento do documental que trata desta orquestra, a  Landfill Harmonic