"Carnaval dos animais" de Saint Saëns

 


Camille Saint-Saëns (París, 1835-Arxel, 1921) foi compositor, director de orquestra, organista e pianista.

Xa de pequeno amosaba fascinación pola Música. Con dous anos abriu o piano que na súa casa estaba coma un moble máis. Aos catro anos compuxo a súa primeira obra para piano.

Unha das súas obras máis célebres é  "O Carnaval dos animais", que compuxo como unha broma para un día de antroido. Aparecen leóns, galiñas, tartarugas, burros... e varios animais. Nesta broma musical, Saint-Saëns toma prestada música doutros compositores, como o Can-can ou a súa propia música, como un fragmento da Danza macabra.

Como consideraba esta obra un divertimento, non a publicou durante a súa vida, agás O Cisne, que tamén serviu como música da bailarina Anna Pávlova no seu ballet A morte do cisne

Dos catorce movementos, seleccionei para vós o lirismo de O Cisne e o misterio de O Acuario.

O Cisne


O Acuario


No seguinte vídeo poderedes escoitar a obra completa:





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi