Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Percusión Corporal

Jerusalema

Imaxe
O seguinte vídeo é para os alumnos e alumnas de 1ºGP: resultaralles doado pero así interiorizamos tranquilamente o tresiño de negras. Xa era hora de ter un petisco fácil de "dixerir"! E cun tema viral que puxo a bailar ao mundo enteiro!  

Corre, Rudolph para 1º GE

Imaxe
A lenda conta que Santa Claus viaxa polo mundo xunto cos seus oito renos.  Ata que un día de gran tormenta de neve, non podían comezar a  repartir os agasallos porque non podían ver o camiño. Apareceu un reno cun gracioso nariz tan, tan, tan vermello que ata iluminaba. Con Rodolfo ao frente iluminando o camiño, puideron repatir esa noite do 24 de Decembro todos os agasallos. Dende entón Rodolfo (Rudolph, en inglés) forma parte dos renos que acompañan a Santa Claus. Agora imos divertirnos coa percusión corporal e este "Run, run Rudolph". Preparados? Recordade: nas semicorcheas pensamos en "LIXEIRIÑO"

"A danza da fada Golosina" con percusión corporal para 1º GE

Imaxe
Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893) foi un compositor ruso que compuxo moitos ballets que coñeces: O lago dos cisnes, A Bela durminte, O Quebranoces... O Quebranoces é todo un conto de fadas que comeza no día de Nadal. Podes velo completo no seguinte vídeo. E agora...imos xogar coa música de Tchaikovsky e a súa Danza da Fada Golosina  

"O rei da montaña" con percusión corporal para 1º GE

Imaxe
  Edvard Hagerup Grieg  (1843-1907) foi un compositor e pianista noruego. Unha das obras máis coñecidas é  Peer Gynt. Seguro que coñecedes "A mañá"... Velaí  "Na gruta do rei da montaña" que tanto nos fascina! Xogamos coa percusión corporal aplicada a "O rei da montaña"

"Galop infernal" con percusión corporal para 1º GE

Imaxe
  Jacques Offenbach (compositor e violonchelista francés que naceu en 1819 e morreu en 1880) é o compositor do cancán máis célebre que aparece no "Galop infernal" dunha opereta súa. Unha opereta é un xénero de música entre a ópera e o musical. O cancán é un baile en compás de 2/4 cun tempo rápido, onde os bailaríns se colocan en fila e dan patadas moi altas. Como aos alumnos e alumnas de 1º GE lles encanta (e a quen non!) este cancán, imos divertirnos con esta percusión corporal: