Renovación do blogue
Foto de Suso Iglesias
Queridos alumnos e queridas alumnas: renovamos a estética do noso blogue grazas á impresionante foto do profesor de acordeón do noso Cmus: Suso Iglesias, quen, ademáis é o coordinador das Tecnoloxías de Información e Comunicación.
Ao longo destes días, aparecerán dous blogues máis do noso conservatorio, o do Equipo da Dinamización da Língua Galega (Amodiño, ma non troppo) e o do equipo de Dinamización de Convivencia (En todas as claves), dende os que compartirán con toda a comunidade educativa os proxectos de Alma Cendán e Alexandra Pita.
Eran tan bonitas as fotos de Suso que puxeron no seus blogues, que tiñamos que cambiar o noso! Na foto do noso blogue vemos o noso conservatorio, o Auditorio de Ferrol e o precioso entorno.
Grazas a Suso e as compañeiras que impulsaron a esta renovación.
Comentarios
Publicar un comentario