Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

Un fermoso canto pola Paz

Imaxe
Cada 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz recordando a importancia de vivir en paz. É un dereito da infancia e de toda a humanidade. Este ano 2021, aínda marcado pola pandemia, os alumnos e alumnas de 4º de Grao Elemental dedícannos o seu fermoso canto que nos trae luz e esperanza: unha adaptación de "Somewhere over the rainbow". Imaxinádevos nalgún lugar máis alá do arco da vella, mentres voan paxariños azuis e facéndose realidade os nosos soños. De seguro, que agora todos temos o mesmo soño.  Grazas a Daniela, Antonio, Lía, Julián, Breogán, Noa, Bruno, Celtia, Adrián, Icía, Martina, Manuel, Mónica, Lara, Lola, Carmen, Rodrigo, Rodrigo e Candela...que tanto nos emocionan coas súas preciosas voces e, por un momento, fannos soñar e voar baixo o arco da vella. No seguinte enlace podedes ver a publicación no Blogue do Equipo de Dinamización da Convivencia, o departamento que sempre organiza os bonitos concertos do Día da Paz e que nos deu ás para voar neste proxecto: As

"Scheherezade" de Rimsky-Korsakov

Imaxe
Nikolai Andreevich Rimskii-Korsakov ,  en ruso :  Никола́й Андре́евич Ри́мский-Ко́рсаков,   (1844-1908) foi un compositor, director de orquestra e pedagogo ruso membro do grupo de compositores coñecido como Os Cinco. Rimskii-Korsakov fixo os seus estudos de música baixo a dirección de Balakirev, quen buscaba a creación dun estilo nacionalista de música clásica.  Considerado un mestre da orquestración, as súas obras orquestrais máis coñecidas son o Capricho español  e a suite sinfónica Scheherezade.  Scheherezade é unha suite sinfónica baseada nas Mil e unha noites. Esta obra orquestal combina dúas características comúns á música rusa, e particularmente de Rimski-Kórsakov: unha colorida orquestración e un interés polo Oriente, moi do gusto dos músicos nacionalistas rusos. A suite tiña catro movementos cos seguintes títulos: 1. O amor e o barco de Simbad 2. A historia do príncipe Kalendar 3. O xove príncipe e a princesa 4. Festival en Bagdag. O barco estrélase contra un acantilado coroad

"Peer Gynt" de Grieg

Imaxe
Edvard Hagerup Grieg (1843-1907) foi un compositor e pianista noruego, considerado un dos principais representantes do Romanticismo musical. Na súa música inclúe moitas cancións do folclore do seu país, ao igual que fixera  Jean Sibelius en Finlandia ou  Antonín Dvořák en Bohemia.  As súas obras máis coñecidas son: o Concerto para piano en la menor, as  Pezas líricas (para piano) e especialmente Peer Gynt , música incidental que escribiu por encargo do escritor Henrik Ibsen para o seu drama que leva o mesmo nome. Peer Gynt é unha composición con escenografía para solistas vocias, coro, orquestra e recitados con 23 movementos aínda que se fixo máis famoso as dúas suites que o propio Grieg escribiu, a suite nº1 op. 46 e a suite nº 2 op.55 Velaí "A mañá" da Suite nº 1 Tamén coñeceredes "Na gruta do rei da montaña"

"Sinfonía do Novo Mundo" de Dvorák

Imaxe
  Antonín Leopold Dvořák (1841-1904) foi un compositor natural de Bohemia (na actual República Checa). Considérase un compositor posromántico e o principal representante do nacionalismo musical checo.  Usou nas súas obras moitas melodías populares da súa Bohemia natal. As súas obras inclúen óperas, sinfonías, coros e música de cámara. Entre as súas obras máis coñecidas inclúense a Sinfonía nº 9, máis coñecida por Sinfonía do novo mundo , as Danzas Eslavas, o Cuarteto de Cordas Americano e o Concerto para Violoncello en si menor. De pequeno recibiu clases de piano, órgano e violín. En Praga estudou órgano. Tamén adicouse á interpretación da viola nunha orquestra de Praga, para despois abandonalo para exercer de organista e adicar máis tempo á composición. En 1892 trasladouse a Nova York ao aceptar a invitación para dirixir o Conservatorio Municipal. Nos Estados Unidos compuxo algunha das súas obras máis coñecidas: a Sinfonía do novo mundo , na que inclúe melodías que recordan aos cant