"O Danubio azul" de Strauss

 


Johann Strauss (Viena, 1825-1899) foi un compositor austríaco, que se fixo célebre polos seus valses. Foi fillo de Johann Strauss e irmá dos compositores Josef Strauss e Eduard Strauss.  Coñecido como o rei do valse, cambiou a idea que se tiña desta danza, anteriormente unha danza campesiña que se convertirá no entretemento da Corte Imperial.

Strauss tivo moitas dificultades como músico: para empezar a oposición do seu pai, quen non quería que pasara dificultades como músico. O seu enfrentamento foi tal que en moitos teatros e salas de concerto non quería que Strauss fillo interpretase a súa música, para non enfadar a Strauss pai.

Na actualidade a música de Strauss é interpretada tódolos anos no Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena. Seguindo o costume da familia Strauss, veredes que o director dirixe mentras interpreta co seu violín. 

Neste vídeo será André Rieu coa súa orquestra quen faga o papel de director. Veredes ademáis aos bailaríns da escola austríaca Elmayer como bailan este valse no impresionante Palacio Schönbrunn de Viena: o palacio da emperatriz Sissi. Tamén os músicos da orquestra levan un vestiario acorde a ese período.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi