"Carmen" de Bizet

Alexandre-César-Léopold Bizet, conocido como Georges Bizet (París, 1838-Bougival, 1875) foi un compositor francés que destacou polas súas óperas.

A súa ópera máis famosa, e unha das máis representadas na acutalidade, é Carmen: unha ópera dramática en tres actos en francés. A historia de Carmen está ambientada na Sevilla de principios do século XIX, protagonizada pola fermosa Carmen, o soldado don José e o torero Escamillo. Unha historia de amor e celos que remata cun terrible crime machista: don José, celoso de que Carmen ame a Escamillo, daralle morte a Carmen no acto final da ópera.

Como blogue educativo,  non podemos pasar por alto unha reflexión sobre a morte de Carmen, xa que por desgracia segue sendo un problema da nosa sociedade: nunca se pode xustificar unha morte dunha muller nas mans dun home que di amala. 

Por iso, como músicos sensibles non só á beleza da Música, senón como persoas cun compromiso co mundo que nos redea,  hoxe, 25 de Novembro alzamos a nosa voz: 


Escoitaremos unha selección de fragmentos da ópera.

O seu Preludio, unha das pezas orquestrais máis famosas:


A famosísima Habanera de Carmen, na que fai a aparación Carmen na ópera.



Por último, os nenos xogando a imitar a garda: Avec le garde montante (Coa garda entrante)





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi