"Fausto" de Gounod

 


Charles François Gounod (París,1818- Saint Cloud, 1893) foi un compositor francés que comezou no mundo da música aprendendo a tocar o piano coa súa nai. Despois irá ao conservatorio da súa cidade, París.

Actualmente é moi coñecido pola súa ópera Fausto e o seu Ave María, inspirado nun preludio de Bach. Compuxo todo tipo de xéneros e influiu en moitos compositores franceses (Bizet, Saint-Saëns, Massenet).

Da súa ópera Fausto, baseada na lenda de Fausto, escoitaremos a Aria das xoias (en francés Air des bijoux) na que Marguerite canta e ri de verse tan fermosa no espello.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi