Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Dictado 4 para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Velaí os vosos dictados desta semana. Coma sempre, primeiro só nos preocuparemos da rítmica. Copia no teu caderno de pentagramas o seguinte fragmento que terás que completar escoitando o que sona no audio inferior.  Clica na imaxe e te levará á web onde podes reproducir as veces que necesites o audio para completar: Agora completa a melodía. Escribe a armadura e repara na tonalidade. Unha pista para o primeiro compás: a nota que falta forma parte do arpexio de tónica. Escoita no audio seguinte a melodía e complétaa coas notas. 

"Guía de orquestra para músicos novos" de Britten

Imaxe
Benjamin Britten  (1913-1976) foi un compositor, director de orquestra e pianista británico, considerado un dos grandes compositores do século XX A "Guía de orquestra para músicos novos" foi composta no ano 1946 para acompañar a unha película educativa Instrumentos da orquestra. A obra ten por subtítulo Variacións e fuga sobre un tema de Henry Purcell.  Recordades a Henry Purcell? Foi un compositor británico do Barroco, de quen escoitamos o Lamento de Dido , da súa ópera sobre a raíña de Cartago e o heroe troiano. Pois ben, Britten toma a melodía  Abdelazer de Purcell como tema principal. Crea variacións para cada sección da orquestra (primeiro as madeiras, logo as cordas, metais e por último a percusión). A orquestra completa presenta unha fuga (un xénero no que distintas voces se van imitando), para rematar a orquestra co tema principal.