Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

"A Sorpresa" de Haydn

Imaxe
Franz Joseph Haydn  (1732-1809) foi un compositor austríaco, alcumado como "O Pai da Sinfonía e do Cuarteto de Corda" pola súa gran contribución a estas formas. Compuxo ata 104 sinfonías! Mantivo amizade con Mozart e foi mestre de Ludwig van Beethoven. Serán os tres grandes representantes da música do Clasicismo. Con seis anos marchou da súa casa, separado dos seus pais, para estudar música: aprendeu a tocar o violín, o clavicémbalo e destacaba no seu coro. Tanto que o mestre de capela da Catedral de Santo Estevo de Viena, quen buscaba novos talentos para o coro de nenos, levouno a Viena para cantar no coro durante nove anos. A súa Sinfonía nº 94 en Sol M, chamada " A Sorpresa " ou " A do toque do timbal ", foi composta en 1791. O nome o toma do seu segundo movemento onde escoitamos un súbito acorde fortissimo . Foi estreada en Londres en 1792 entusiasmando ao público.

"Orfeo e Eurídice" de C. W. Gluck

Imaxe
Orfeo e Eurídice é unha ópera en tres actos do compositor alemán Christoph Willibald Gluck , baseada no mito de Orfeo. Nesta ópera, estreada en Viena no ano1762, emprega danzas e coros. Con Gluck comezamos as nosas audicións dentro do Clasicismo: estilo musical que abarca dende 1750 ata 1820 e onde destacaremos a Haydn, Mozart e Beethoven. O Clasicismo procura a claridade, simetría, sencillez... Será o período onde se consolide a tonalidade e as formas musicais como a sonata e a sinfonía. Gluck quere cambiar a complexidades das óperas barrocas e busca sencillez na súa obra. A súa ópera más popular e o seu Orfeo e Eurídice. Descubriremos o argumento da ópera no seguinte vídeo: Como mostra desta ópera, a fermosísima aria que canta Orfeo, na que o heroe lamenta a pérdida de Eurídice: Che faró senza Euridíce, interpretada polo contratenor francés Philippe Jaroussky