"O Quebranoces" de Tchaikovsky

Petr Ilich Chaikovski, ou na versión romanizada Piotr Illich, (1840-1893) foi un dos compositores rusos máis importantes do século XIX. 
É autor dalgunhas das obras de música máis famosas do repertorio actual, por exemplo os ballets O lago dos cisnes e O Quebranoces, a Obertura 1812, o Primeiro concerto para piano, o Concerto para violín, as súas sinfonías Cuarta, Quinta e Sexta (Tamén chamada Patética) e a ópera Evgenii Onegin.

A pesar de que a súa familia non quería, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo,  A formación que recibiu, formal e orientada ao estilo musical occidental, apartouno do movemento contemporáneo nacionalista coñecido como o «Grupo dos Cinco»: un grupo de mozos compositores rusos, cos cales Chaikovski mantivo unha relación profesional e de amizade ao longo da súa carreira.

O Quebranoces é un ballet baseado no conto de fadas O Quebranoces e o rei dos ratos de E.T.A.Hoffmann. A súa estrea foi no 18 de diciembre de 1892 no Teatro Mariinski de San Petersburgo. Un auténtico conto cheo de maxia que acontece no día de Nadal. 

Coñecedes moitas das súas danzas, pero estou segura que para ninguén pasa desapercibida a Danza da Fada Golosina co son da celesta.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi