Este quinto dictado é unha melodía hexátona do libro de Ana María Navarrete do 4º curso de Linguaxe Musical. É unha melodía hexátona. Clicando na imaxe enlazaredes co audio.
Este cuarto dictado é unha hipnótica melodía tradicional xaponesa: Sakura ( Flor da Cereixeira ). Nesta viaxe musical, achegarémonos ao mundo pentatónico. Clicando na imaxe enlazaredes co audio.
Este terceiro dictado é unha doce melodía do compositor vasco Pablo Sorozábal : Lotoren Lorak ( Flores de Loto). Como é un zortzico debedes agrupar a súa figuración da seguinte maneira: Velaí os compases a completar: Clicando na imaxe enlazades co audio.
Neste dictado traballaremos cunha vibrante melodía popular chamada "El Vito". Atención!, xa que se trata dunha petenera, así que alternaredes a escritura de 6/8 con 3/4. Parece moi longo, mais ao escoitalo comprobaredes que hai repeticións. Clicando na seguinte imaxe enlazaredes co audio.
O primeiro dictado destas vacacións é unha melodía tradicional de Macedonia. Deberedes escribir a voz máis aguda. No voso Caderno de Vacacións tedes preparado o compás e moi poucas pistas, mais, a pesar disto, estou segura que saberedes completar a melodía. Clicando na imaxe, enlazaredes co audio.
O último dictado deste curso ten un compás que fascina polos seus tempos desiguais. Clica na seguinte imaxe e enlazarás coa plataforma para poder escoitalo. Completa a melodía reparando na súa estructura (3-2). Ademáis presta atención aos seus 10 compases.
Por fin estades rematando o voso traballo auditivo destas vacacións! Con este dictado número 10 chega o último. Á volta das vacacións, nas nosas clases comprobaremos o ben que saíron. Anacrusa e 16 compases. Velaí o comezo deste dictado a partir dunha melodía dunha pandeirada:
Coma sodes rapaces e rapazas moi list@s, xa non insisto máis no que tedes que observar no comezo da partitura antes de intentar escribir esta animada melodía. Anacrusa e 16 compases. Ánimo que é o penúltimo dictado!
Comeza a conta atrás, xa que este dictado 8 é o antepenúltimo que teredes que realizar antes do inicio do novo curso. Unha vez máis ofrezo o comezo da melodía, e coma sempre, reparade na tonalidade, graos das notas iniciais...outra axuda, a rítmica da anacrusa será a rítmica característica desta melodía popular. Preparade a anacrusa e doce compases. Hai varios compases que se repiten.
Este é o comezo do dictado desta semana: coma sempre, reparade na tonalidade. Mirade a armadura...comezo anacrúsico...Por si tedes dúbidas: unha vez máis V-I. Xa con esta axuda, estaredes na tonalidade. Pensade tamén cal é a sensible desta tonalidade. Deste xeito, non vos collerá de sorpresa. Escribide ese comezo na libreta: anacrusa e dez compases máis. Outra pequena axuda: esta melodía non remata na tónica. Mais o seu acompañamento produce a sensación de repouso final, verdade? E que o acorde final é o de tónica. Cales son as notas do acorde de tónica? Velaí a melancólica melodía para este dictado nº 7:
Aí tedes o comezo do dictado desta semana: aínda que xa tedes escrita a armadura, pensade na tonalidade antes de comezar. E reparade no compás. Esta melodía consta de 16 compases, aínda que veredes que se trata dunha frase con repetición e unha pequena variación no final.
O dictado desta semana é unha fermosa melodía que presenta unha rítmica moi repetitiva nos seus primeiros compases. Procurade memorizar a melodía completa, razonando que acontece nela..."compases que se repiten?...estructuras rítmicas iguais?...". Despois xa escribiredes!. Con este comezo xa intuides a tonalidade...Típico comezo anacrúsico: V-I. De seguro que a interválica do acompañamento a recoñeceredes: sempre soan 5ª xustas. O acompañamento non tedes que escribilo!. Preparade na libreta a anacrusa e 12 compases máis.
O dictado desta semana é un fermoso alalá: un canto lento cheo de morriña que leva por nome "Barqueiros de Ribadavia". Nesta ocación ofrezo o comezo e o seu final. Prestade moita atención ao arpexio de tónica que está despregado no seu comezo anacrúsico.
Este dictado 3 é moi longo, en comparación cos oito compases ós que estamos acostumad@s. Son 16 compases, mais hai varios motivos rítmicos que se repiten. Tedes que escribir a melodía principal. Aqueles que xa realizáchedes o dictado 2, terédelo máis doado: compás, puntillos...Atención! Hai algunha alteración accidental. Continuade con ánimo na mellora do voso bo oído musical. Aí vai o comezo deste dictado. Ollo! Este primeiro compás non está completo!
Neste dictado escoitarás unha melodía cun acompañamento. Só tes que escribir a melodía principal. Presta atención ó comezo anacrúsico e pensa na subdivisión do compás para comprender a rítmica. Coidado cos puntillos e ligaduras! E, como última axuda, este dictado ten 12 compases, ademáis da anacrusa. Non vos desaminedes antes de escoitalo! Hai moitos motivos que se repiten. Velaí o comezo da melodía. Ollo! O segundo compás non está completo. Ánimo queridos alumnos e alumnas!