Publicacións

"A catedral sumerxida" de Debussy

Imaxe
  Claude Debussy (1862-1918) foi un compositor francés que rompeu coa tradición do romanticismo e foi un dos compositores membros do Impresionismo Musical. O seu pai non quería que se adicara a música, mais axiña el amosou a súa paixón. Recibiu clases de Mauté de Fleurville , alumna de Chopin. Despois de rematar os seus estudos de piano no conservatorio de París, interesouse pola composición. Mais será a Exposición Universal en París no ano 1889 a súa gran fonte de inspiración, xa que coñeceu novas sonoridades "exóticas" como o gamelán de Indonesia. Considéranse que as súas composicións son sobre todo sensoriais, nas que fai sentir ao que escoita sensacións particulares traducindo en música imaxes e impresións. "A catedral sumerxida" é un bo exemplo. Este preludio está baseado nun antigo mito no que unha catedral sumerxida elévase nas mañás claras. Dende o outro lado do mar pode escoitarse o canto dos sacerdotes, o repenique das campás e o son do órgano. Todo isto ...

"Sinfonía nº 1" de Mahler

Imaxe
  Gustav Mahler (1860-1911), foi un compositor e director de orquestra bohemio-austríaco. As súas composicións atópanse entre as obras máis importantes do Posromanticismo . Nas primeiras décadas do século XX, Gustav Mahler era considerado un dos máis importantes directores de orquestra e de ópera do seu momento. Co auxe do nazismo en Alemaña e Austria, a súa obra foi catalogada como “dexenerada” e “moderna” pola súa condición de xudeu. O mesmo sucedeu con outros compositores, caídos en desgraza na Alemaña nazi. Só ao final da Segunda Guerra Mundial, a súa música comezou a interpretarse con máis frecuencia no repertorio das grandes orquestras, encontrándose entre os compositores máis destacados na historia da música. A miña proposta de audición é distinta á do voso libro de texto. Propoño como audición para un achegamento á música de Mahler que escoitedes o terceiro movemento da súa sinfonía nº 1, que creo que vos sorprenderá. Comeza cunha variación dun tema que coñecedes, aín...

"La bohéme" de Puccini

Imaxe
  Giacomo Antonio Domenico Michele Secondo Maria Puccini , (1858-1924) foi un compositor italiano que destacou especialmente polas súas óperas. Considerado entre os máis grandes de finais do século XIX e comezos do XX, as súas óperas están entre as representadas con máis frecuencia. Foi considerado o mellor compositor da ópera italiana xunto con Giuseppe Verdi e un dos máximos expoñentes do verismo (unha tradición operística que buscaba plasmar a vida cotiá na ópera). Os Puccini eran unha familia con tradición musical: foron mestres de capela da Catedral de Lucca dende moitas xeracións atrás. Giacomo con 14 anos foi o organista da Catedral de Lucca. Quizais " La bohéme" sexa a súa ópera máis famosa."A bohemia" está ambientada en París, onde comparten ilusións e amizade un grupo de artistas. A historia céntrase no amor da modista Mimí e o poeta Rodolfo. A continuación tedes a célebre aria de Mimí, do acto I, onde Mimí se presenta ao seu veciño Rodolfo e lle conta qu...

"Pompa e circunstancia" de Elgar

Imaxe
  Edward Elgar  (1857-1934) foi un compositor británico. Foi o primeiro compositor en tomar en serio o uso do gramófono. Entre 1914 e 1925 dirixiu unha serie de gravacións das súas obras. Entre as moitas das súas obras que entraron a formar parte do repertorio clásico de concertos figuran as coñecidas Enigma Variations , como  Pomp and Circumstance Marches , os concertos para violín e violonchelo, e dúas sinfonías. Tamén compuxo obras corais, entre as que cómpre sinalar The Dream of Gerontius , música de cámara e cancións. Foi nomeado Master of the King’s Musick en 1924. O seu pai, William, traballou como afinador de pianos e tiña unha tenda de partituras e instrumentos musicais. Aos oito anos, Elgar recibiu clases de piano e violín, e o seu pai, que afinaba os pianos de moitas casas importantes de Worcestershire, ás veces levábao con el, dándolle a posibilidade de mostrar o seu talento a importantes figuras locais. Elgar é probablemente máis coñecido pola primei...

Un fermoso canto pola Paz

Imaxe
Cada 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz recordando a importancia de vivir en paz. É un dereito da infancia e de toda a humanidade. Este ano 2021, aínda marcado pola pandemia, os alumnos e alumnas de 4º de Grao Elemental dedícannos o seu fermoso canto que nos trae luz e esperanza: unha adaptación de "Somewhere over the rainbow". Imaxinádevos nalgún lugar máis alá do arco da vella, mentres voan paxariños azuis e facéndose realidade os nosos soños. De seguro, que agora todos temos o mesmo soño.  Grazas a Daniela, Antonio, Lía, Julián, Breogán, Noa, Bruno, Celtia, Adrián, Icía, Martina, Manuel, Mónica, Lara, Lola, Carmen, Rodrigo, Rodrigo e Candela...que tanto nos emocionan coas súas preciosas voces e, por un momento, fannos soñar e voar baixo o arco da vella. No seguinte enlace podedes ver a publicación no Blogue do Equipo de Dinamización da Convivencia, o departamento que sempre organiza os bonitos concertos do Día da Paz e que nos deu ás para voar neste proxecto: As...

"Scheherezade" de Rimsky-Korsakov

Imaxe
Nikolai Andreevich Rimskii-Korsakov ,  en ruso :  Никола́й Андре́евич Ри́мский-Ко́рсаков,   (1844-1908) foi un compositor, director de orquestra e pedagogo ruso membro do grupo de compositores coñecido como Os Cinco. Rimskii-Korsakov fixo os seus estudos de música baixo a dirección de Balakirev, quen buscaba a creación dun estilo nacionalista de música clásica.  Considerado un mestre da orquestración, as súas obras orquestrais máis coñecidas son o Capricho español  e a suite sinfónica Scheherezade.  Scheherezade é unha suite sinfónica baseada nas Mil e unha noites. Esta obra orquestal combina dúas características comúns á música rusa, e particularmente de Rimski-Kórsakov: unha colorida orquestración e un interés polo Oriente, moi do gusto dos músicos nacionalistas rusos. A suite tiña catro movementos cos seguintes títulos: 1. O amor e o barco de Simbad 2. A historia do príncipe Kalendar 3. O xove príncipe e a princesa 4. Festival en Bagdag. O barco estrélas...

"Peer Gynt" de Grieg

Imaxe
Edvard Hagerup Grieg (1843-1907) foi un compositor e pianista noruego, considerado un dos principais representantes do Romanticismo musical. Na súa música inclúe moitas cancións do folclore do seu país, ao igual que fixera  Jean Sibelius en Finlandia ou  Antonín Dvořák en Bohemia.  As súas obras máis coñecidas son: o Concerto para piano en la menor, as  Pezas líricas (para piano) e especialmente Peer Gynt , música incidental que escribiu por encargo do escritor Henrik Ibsen para o seu drama que leva o mesmo nome. Peer Gynt é unha composición con escenografía para solistas vocias, coro, orquestra e recitados con 23 movementos aínda que se fixo máis famoso as dúas suites que o propio Grieg escribiu, a suite nº1 op. 46 e a suite nº 2 op.55 Velaí "A mañá" da Suite nº 1 Tamén coñeceredes "Na gruta do rei da montaña"