"A catedral sumerxida" de Debussy

 


Claude Debussy (1862-1918) foi un compositor francés que rompeu coa tradición do romanticismo e foi un dos compositores membros do Impresionismo Musical.

O seu pai non quería que se adicara a música, mais axiña el amosou a súa paixón. Recibiu clases de Mauté de Fleurville , alumna de Chopin.

Despois de rematar os seus estudos de piano no conservatorio de París, interesouse pola composición. Mais será a Exposición Universal en París no ano 1889 a súa gran fonte de inspiración, xa que coñeceu novas sonoridades "exóticas" como o gamelán de Indonesia.

Considéranse que as súas composicións son sobre todo sensoriais, nas que fai sentir ao que escoita sensacións particulares traducindo en música imaxes e impresións.

"A catedral sumerxida" é un bo exemplo. Este preludio está baseado nun antigo mito no que unha catedral sumerxida elévase nas mañás claras. Dende o outro lado do mar pode escoitarse o canto dos sacerdotes, o repenique das campás e o son do órgano.

Todo isto podemos escoitalo no seu comezo: dende os acordes máis graves que van ascendendo, como se fora a propia catedral. A súa sonoridade vai sorprendervos. Presenta o uso da escala pentatónica, ademáis da música modal (música que en 4º GE aínda non traballamos...pero chegará...)




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi