"Peer Gynt" de Grieg


Edvard Hagerup Grieg (1843-1907) foi un compositor e pianista noruego, considerado un dos principais representantes do Romanticismo musical. Na súa música inclúe moitas cancións do folclore do seu país, ao igual que fixera Jean Sibelius en Finlandia ou Antonín Dvořák en Bohemia. 
As súas obras máis coñecidas son: o Concerto para piano en la menor, as Pezas líricas (para piano) e especialmente Peer Gynt, música incidental que escribiu por encargo do escritor Henrik Ibsen para o seu drama que leva o mesmo nome.

Peer Gynt é unha composición con escenografía para solistas vocias, coro, orquestra e recitados con 23 movementos aínda que se fixo máis famoso as dúas suites que o propio Grieg escribiu, a suite nº1 op. 46 e a suite nº 2 op.55

Velaí "A mañá" da Suite nº 1


Tamén coñeceredes "Na gruta do rei da montaña"





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi