@s alumn@s de 3º de G.E. están inmersos no mundo dos intervalos: orde e especie. A clasificación dos intervalos é unha tarefa doada pero precisa da vosa concentración para clasificar con exactitude nas distintas especies. Grazas a Adriana, a autora do blog aulamusicaldeadriana.blogspot.com , repasamos os intervalos cun dos seus exercicios de clasificación. Clicade sobre a imaxe e poderedes comezar o exercicio. Moita concentración!
Este dictado 2 presenta unha melodía popular checa. Anotade no voso caderno: compás de compasillo e do menor Antes de comezar a melodía sonará a tónica, establecendo o tempo. Recordades os tipos de escalas menores? Pensade nos disitntos tipos e prestade atención neste dictado ó VI e VII grao.
Comentarios
Publicar un comentario