"Scheherezade" de Rimsky-Korsakov



Nikolai Andreevich Rimskii-Korsakoven rusoНикола́й Андре́евич Ри́мский-Ко́рсаков, (1844-1908) foi un compositor, director de orquestra e pedagogo ruso membro do grupo de compositores coñecido como Os Cinco.

Rimskii-Korsakov fixo os seus estudos de música baixo a dirección de Balakirev, quen buscaba a creación dun estilo nacionalista de música clásica. 

Considerado un mestre da orquestración, as súas obras orquestrais máis coñecidas son o Capricho español e a suite sinfónica Scheherezade. 

Scheherezade é unha suite sinfónica baseada nas Mil e unha noites. Esta obra orquestal combina dúas características comúns á música rusa, e particularmente de Rimski-Kórsakov: unha colorida orquestración e un interés polo Oriente, moi do gusto dos músicos nacionalistas rusos.

A suite tiña catro movementos cos seguintes títulos:

1. O amor e o barco de Simbad
2. A historia do príncipe Kalendar
3. O xove príncipe e a princesa
4. Festival en Bagdag. O barco estrélase contra un acantilado coroado por un guerreiro de bronce.

A historia é narrada por Scheherezade, a esposa do sultán Shahriar.

Escoitaremos o primeiro movemento:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi