Publicacións populares deste blog
Hotaru Koi
Hotaru Koi é unha canción tradicional xaponesa que fala dun vagalume, un insecto moi apreciado no Xapón. A súa traducción sería: Oh! Vagalume, ven. A auga que hai alí é amarga para probar. Ven, a auga que hai aquí é agradable para saborear. Oh! Vagalume, ven. Velaí a partitura que cantaremos como canon a 3 voces. De seguro que vos gustará! Ho ho hotaru koi atchi-no mizu-wa nigai-zo kotchi-no mizu-wa amai-zo ho ho hotaru koi ho ho yama-michi koi ほ ほ ほたる こい あっちの みずは にがいぞ こっちの みずは あまいぞ ほ ほ ほたる こい
O mundo das tonalidades
Para @s alumn@s de 3º G.E. este curso amplíanse moito a súa perspectiva na teoría musical. As tonalidades é todo un mundo por descubrir. Para isto propoño novas actividades. Querid@s alumn@s, para cada armadura corresponden, coma ben sabedes, unha tonalidade maior e outra menor (os tonos relativos comparten a mesma armadura). Así pois, nesta actividade cando a pregunta se refira a unha tonalidade maior, clicade sobre o recadro superior do pentagrama, mentres que a pregunta se refira a unha tonalidade menor, clicade sobre o recadro inferior do pentagrama. Coma sempre, clicade sobre a imaxe para que vos leve ó exercicio. Tonalidades e armaduras con sostidos Tonalidades e armaduras con bemois ... A TRABALLAR!!

Comentarios
Publicar un comentario