"Pompa e circunstancia" de Elgar

 


Edward Elgar (1857-1934) foi un compositor británico. Foi o primeiro compositor en tomar en serio o uso do gramófono. Entre 1914 e 1925 dirixiu unha serie de gravacións das súas obras.

Entre as moitas das súas obras que entraron a formar parte do repertorio clásico de concertos figuran as coñecidas Enigma Variations, como Pomp and Circumstance Marches, os concertos para violín e violonchelo, e dúas sinfonías. Tamén compuxo obras corais, entre as que cómpre sinalar The Dream of Gerontius, música de cámara e cancións. Foi nomeado Master of the King’s Musick en 1924.

O seu pai, William, traballou como afinador de pianos e tiña unha tenda de partituras e instrumentos musicais. Aos oito anos, Elgar recibiu clases de piano e violín, e o seu pai, que afinaba os pianos de moitas casas importantes de Worcestershire, ás veces levábao con el, dándolle a posibilidade de mostrar o seu talento a importantes figuras locais.

Elgar é probablemente máis coñecido pola primeira das súas Pomp and Circumstance Marches, que foron compostas entre 1901 e 1930. Estas obras son moi célebres debido á súa tradicional interpretación na Last Night of the Proms. Nos Estados Unidos, o trío, coñecido simplemente como «Pomp and Circumstance» ou «The Graduation March», foi adoptado dende 1905 por case todos os institutos e universidades para as súas cerimonias de graduación.


Probablemente a súa introducción non a recoñezades mais prestade atención a partir do 1.55

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi