Un fermoso canto pola Paz


Cada 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz recordando a importancia de vivir en paz. É un dereito da infancia e de toda a humanidade.

Este ano 2021, aínda marcado pola pandemia, os alumnos e alumnas de 4º de Grao Elemental dedícannos o seu fermoso canto que nos trae luz e esperanza: unha adaptación de "Somewhere over the rainbow".

Imaxinádevos nalgún lugar máis alá do arco da vella, mentres voan paxariños azuis e facéndose realidade os nosos soños. De seguro, que agora todos temos o mesmo soño. 


Grazas a Daniela, Antonio, Lía, Julián, Breogán, Noa, Bruno, Celtia, Adrián, Icía, Martina, Manuel, Mónica, Lara, Lola, Carmen, Rodrigo, Rodrigo e Candela...que tanto nos emocionan coas súas preciosas voces e, por un momento, fannos soñar e voar baixo o arco da vella.

No seguinte enlace podedes ver a publicación no Blogue do Equipo de Dinamización da Convivencia, o departamento que sempre organiza os bonitos concertos do Día da Paz e que nos deu ás para voar neste proxecto: As cores da paz.
 

Comentarios

  1. Parabéns nenos e nenas de 4º de GE e parabéns a súa profe Catuxa!!
    Moitas grazas por agasallarnos con esta versión tan fermosa e emotiva polo Día da Paz!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi