"La bohéme" de Puccini

 



Giacomo Antonio Domenico Michele Secondo Maria Puccini, (1858-1924) foi un compositor italiano que destacou especialmente polas súas óperas. Considerado entre os máis grandes de finais do século XIX e comezos do XX, as súas óperas están entre as representadas con máis frecuencia.

Foi considerado o mellor compositor da ópera italiana xunto con Giuseppe Verdi e un dos máximos expoñentes do verismo (unha tradición operística que buscaba plasmar a vida cotiá na ópera).

Os Puccini eran unha familia con tradición musical: foron mestres de capela da Catedral de Lucca dende moitas xeracións atrás. Giacomo con 14 anos foi o organista da Catedral de Lucca.

Quizais "La bohéme" sexa a súa ópera máis famosa."A bohemia" está ambientada en París, onde comparten ilusións e amizade un grupo de artistas. A historia céntrase no amor da modista Mimí e o poeta Rodolfo.

A continuación tedes a célebre aria de Mimí, do acto I, onde Mimí se presenta ao seu veciño Rodolfo e lle conta que lle chaman Mimí, pero o seu nome é Lucía. 


Outra aria fermosísima e tamén célebre é a interpretada por Musseta, quen canta con moita coquetería que lle fai feliz que a xente pare para admirar a súa beleza cando vai soa pola rúa.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi