Publicacións

Sinfonía nº 5 de Beethoven

Imaxe
Ludwig van Beethoven , nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. A súa producción musical abarca desde o período clásico ata inicios do Romanticismo musical.  Foi o último gran representante do clasicismo vienés (logo de Christoph Willibald Gluck, Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart).  A súa arte expresouse en diferentes xéneros e aínda que son as súas sinfonías a fonte principal da súa popularidade, o seu impacto foi enorme nas súas obras para piano e música de cámara. Beethoven rompe moitos dos esquemas da música do XVIII: xogar cos tempos, engadir movementos ás sinfonía, crear obras a partir de poucas notas... Sabías que foi un amigo seu, Johhan Nepomuk Maelzel, o inventor do obxecto que permite indicar o tempo exacto dunha obra? O metrónomo. Así Beethoven podía asegurarse que as súas obras se interpretarían tal e como el quería. Escoitaremos o...

Sinfonía nº 40 de Mozart

Imaxe
Ao longo da súa vida, Mozart loitou por conseguir a súa independencia como músico. Tivo que opoñerse ás ordes que lle quería impoñer a aristocracia, quenes o facían sentir como un servente.  Mozart adica moito interese a un instrumento ao que varios fabricantes de Viena conseguen mellorías no seu mecanismo: o pianoforte. Grazas a esos fabricantes e ás mellorías, os compositores do Clasicismo lle adican moitas composicións (sonatas e concertos para piano e orquestra), ademáis de ser grandes intérpretes de pianoforte. Mozart coñeceu a Haydn en Viena. Cando Haydn visitaba a cidade, interpretaban xuntos nun cuarteto de corda improvisado. Mozart escribirá seis cuartetos adicados a Haydn. Ao igual que Haydn, Mozart tamén escribe sinfonías. Deixa 41 sinfonías, da que escoitaremos a   Sinfonía nº 40 en sol menor, catalogada como K.550.  Despois de súa morte, Ludwig von Köchel catalogou toda a obra de Mozart e para identificar este catalogo se usa a K maiúscu...

"Pequena Serenata Nocturna "de Mozart

Imaxe
Wolfgang Amadeus Mozart (Salzburgo, 1756- Viena, 1791) está considerado un dos máis grandes compositores da música clásica europea.  O seu pai era compositor e músico da corte arzobispal de Salzburgo. Por iso, o pequeno Amadeus e a súa irmá María Anna (Nannerl) medraron rodeados de música. Os dous irmás tiñan moito talento musical. Mozart descubriu o clavecín con 3 anos. Con 4 tocaba o violín. Aos 8 anos compuxo a súa primeira sinfonía e aos 12 a súa primeira ópera. Leopold Mozart levou aos seus fillos de xira polas principais cortes imperiais de Europa: Munich, Viena, París, Londres e Amsterdam. Despois viaxarán a Italia, para que o pequeno aprendera a arte de escribrir ópera. Continuaremos coñecendo máis da súa vida e obra na seguinte publicación. Agora escoitaremos a súa Pequena Serenata Nocturna (Eine kleine Nachtmusik). A súa instrumentación é a habitual para o conxunto de cámara: dous violíns, viola, chelo e contrabaixo opcional.

Minueto de Boccherini

Imaxe
Luigi Boccherini  (Lucca, 1743-Madrid, 1805) foi un compositor e violonchelista italiano, que viviu dende pequeno rodeado de artistas: seguiu os pasos do seu pai, que era violonchelista. O seu irmán  foi poeta e a súa irmá bailarina de ballet. Boccherini, despois de estudar na Basílica de San Pedro de Roma, obtén unha praza na corte imperial de Viena. Despois do seu paso por París, viaxa a España; namorado dun cantante de ópera, Clementina Pelliccia, viaxa xunto con ela e a compañía de ópera a España.  No ano 1770 é nomeado violonchelista e compositor da capela real do infante Luis Antonio de Borbón. Comezou a compoñer música de cámara, cuartetos e quintetos (forma a que adicou o seu maior interese deixando compostas 124 obras para esta formación).  O minueto do Quinteto de Corda Op. 11 nº5 é a peza máis célebre do compositor. No quinteto é o violonchelo o que se dobla. (Violín I, Violín II, Viola, Violonchelo I, Violonchelo II)

"A Sorpresa" de Haydn

Imaxe
Franz Joseph Haydn  (1732-1809) foi un compositor austríaco, alcumado como "O Pai da Sinfonía e do Cuarteto de Corda" pola súa gran contribución a estas formas. Compuxo ata 104 sinfonías! Mantivo amizade con Mozart e foi mestre de Ludwig van Beethoven. Serán os tres grandes representantes da música do Clasicismo. Con seis anos marchou da súa casa, separado dos seus pais, para estudar música: aprendeu a tocar o violín, o clavicémbalo e destacaba no seu coro. Tanto que o mestre de capela da Catedral de Santo Estevo de Viena, quen buscaba novos talentos para o coro de nenos, levouno a Viena para cantar no coro durante nove anos. A súa Sinfonía nº 94 en Sol M, chamada " A Sorpresa " ou " A do toque do timbal ", foi composta en 1791. O nome o toma do seu segundo movemento onde escoitamos un súbito acorde fortissimo . Foi estreada en Londres en 1792 entusiasmando ao público.

"Orfeo e Eurídice" de C. W. Gluck

Imaxe
Orfeo e Eurídice é unha ópera en tres actos do compositor alemán Christoph Willibald Gluck , baseada no mito de Orfeo. Nesta ópera, estreada en Viena no ano1762, emprega danzas e coros. Con Gluck comezamos as nosas audicións dentro do Clasicismo: estilo musical que abarca dende 1750 ata 1820 e onde destacaremos a Haydn, Mozart e Beethoven. O Clasicismo procura a claridade, simetría, sencillez... Será o período onde se consolide a tonalidade e as formas musicais como a sonata e a sinfonía. Gluck quere cambiar a complexidades das óperas barrocas e busca sencillez na súa obra. A súa ópera más popular e o seu Orfeo e Eurídice. Descubriremos o argumento da ópera no seguinte vídeo: Como mostra desta ópera, a fermosísima aria que canta Orfeo, na que o heroe lamenta a pérdida de Eurídice: Che faró senza Euridíce, interpretada polo contratenor francés Philippe Jaroussky

"Aria" da Suite para Orquestra nº 3 de Bach

Imaxe
Johann Sebastian Bach (Eisenach,1685-Leipzig,1750) foi un músico e compositor do Barroco, considerado dos máis influíntes na Historia da Música.  A familia Bach era unha familia de músicos e compositores, así que o seu primeiro contacto coa música foi na súa propia casa. Tocaba o órgano, o clavicordio e o violín. Ademáis dende pequeno foi neno cantor do coro da súa escola. Tamén foi director de coros e mestre de capela. Despois de Johann Sebastian Bach, varios dos seus fillos seguirán a tradición do seu pai como músicos: Wilhelm Friedemann, Carl Philipp Emmanuel, e os seus fillos do matrimonio con Anna Magdalena Bach:  Gottfried Heinrich, Johann Christoph Friedrich e Johann Christian.   Ao longo da súa vida traballou intensamente como compositor e como mestre, sendo o teclado a base da formación dos seus alumnos. Aínda o son na actualidade para os alumnos de piano dos conservatorios. Escoitaremos a "Aria" da súa Suite nº 3 . Unha suite é un conxunto de ...