"Pequena Serenata Nocturna "de Mozart


Wolfgang Amadeus Mozart (Salzburgo, 1756- Viena, 1791) está considerado un dos máis grandes compositores da música clásica europea.

 O seu pai era compositor e músico da corte arzobispal de Salzburgo. Por iso, o pequeno Amadeus e a súa irmá María Anna (Nannerl) medraron rodeados de música. Os dous irmás tiñan moito talento musical. Mozart descubriu o clavecín con 3 anos. Con 4 tocaba o violín. Aos 8 anos compuxo a súa primeira sinfonía e aos 12 a súa primeira ópera.

Leopold Mozart levou aos seus fillos de xira polas principais cortes imperiais de Europa: Munich, Viena, París, Londres e Amsterdam. Despois viaxarán a Italia, para que o pequeno aprendera a arte de escribrir ópera.

Continuaremos coñecendo máis da súa vida e obra na seguinte publicación. Agora escoitaremos a súa Pequena Serenata Nocturna (Eine kleine Nachtmusik). A súa instrumentación é a habitual para o conxunto de cámara: dous violíns, viola, chelo e contrabaixo opcional.



Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi