Sinfonía nº 5 de Beethoven


Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. A súa producción musical abarca desde o período clásico ata inicios do Romanticismo musical. 

Foi o último gran representante do clasicismo vienés (logo de Christoph Willibald Gluck, Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart). 

A súa arte expresouse en diferentes xéneros e aínda que son as súas sinfonías a fonte principal da súa popularidade, o seu impacto foi enorme nas súas obras para piano e música de cámara.

Beethoven rompe moitos dos esquemas da música do XVIII: xogar cos tempos, engadir movementos ás sinfonía, crear obras a partir de poucas notas...

Sabías que foi un amigo seu, Johhan Nepomuk Maelzel, o inventor do obxecto que permite indicar o tempo exacto dunha obra? O metrónomo. Así Beethoven podía asegurarse que as súas obras se interpretarían tal e como el quería.

Escoitaremos o primeiro movemento da Sinfonía n.º 5 en do menor, op. 67. O primeiro movemento comeza cun motivo da catro notas, sendo un do máis recoñecidos da música.






Recoméndoche que visites a páxina do Museo Beethoven Haus onde verás unha páxina interactiva con datos de Beethoven clicando a continuación: Museo Beethoven Haus

Comentarios

  1. Hola clase que tal soy Lara!!!! Hola catuxa🤗🤗😋😋 🎤 🎧 🎼 🎹 🥁 🎷 🎺 🎸 🎻

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Lara.

      Alégrome moito que visites esta entrada. Agardo que disfrutes escoitando a Sinfonía 5ª de Beethoven

      Unha aperta para unha nena que irradia ledicia e simpatía por onde pasa

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi