Minueto de Boccherini



Luigi Boccherini (Lucca, 1743-Madrid, 1805) foi un compositor e violonchelista italiano, que viviu dende pequeno rodeado de artistas: seguiu os pasos do seu pai, que era violonchelista. O seu irmán  foi poeta e a súa irmá bailarina de ballet.

Boccherini, despois de estudar na Basílica de San Pedro de Roma, obtén unha praza na corte imperial de Viena. Despois do seu paso por París, viaxa a España; namorado dun cantante de ópera, Clementina Pelliccia, viaxa xunto con ela e a compañía de ópera a España. 

No ano 1770 é nomeado violonchelista e compositor da capela real do infante Luis Antonio de Borbón. Comezou a compoñer música de cámara, cuartetos e quintetos (forma a que adicou o seu maior interese deixando compostas 124 obras para esta formación). 

O minueto do Quinteto de Corda Op. 11 nº5 é a peza máis célebre do compositor. No quinteto é o violonchelo o que se dobla. (Violín I, Violín II, Viola, Violonchelo I, Violonchelo II)



Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi