"Aria" da Suite para Orquestra nº 3 de Bach


Johann Sebastian Bach (Eisenach,1685-Leipzig,1750) foi un músico e compositor do Barroco, considerado dos máis influíntes na Historia da Música. 

A familia Bach era unha familia de músicos e compositores, así que o seu primeiro contacto coa música foi na súa propia casa. Tocaba o órgano, o clavicordio e o violín. Ademáis dende pequeno foi neno cantor do coro da súa escola. Tamén foi director de coros e mestre de capela.

Despois de Johann Sebastian Bach, varios dos seus fillos seguirán a tradición do seu pai como músicos: Wilhelm Friedemann, Carl Philipp Emmanuel, e os seus fillos do matrimonio con Anna Magdalena Bach: Gottfried Heinrich, Johann Christoph Friedrich e Johann Christian. 

Ao longo da súa vida traballou intensamente como compositor e como mestre, sendo o teclado a base da formación dos seus alumnos. Aínda o son na actualidade para os alumnos de piano dos conservatorios.

Escoitaremos a "Aria" da súa Suite nº 3. Unha suite é un conxunto de danzas, aínda que non estaban compostas para ser bailadas. No vídeo tedes completa a Suite nº3.



Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O mundo dos intervalos II

Dictado 4 para alumn@s de 4º GE

O mundo dos intervalos