"Sinfonía Incompleta" de Schubert



Franz Schubert (Viena 1797-1828), foi un compositor austríaco, un dos continuadores do Romanticismo musical iniciado por Beethoven. Gran compositor tanto de lieder (breves composicións para voz e piano) como de música de cámara e orquestral.

Viviu apenas 31 anos, tempo suficiente para crear unha obra musical grandiosa pola súa gran beleza e inspiración. O seu talento creceu á sombra de Beethoven, ó que admiraba, finando ó ano seguinte da morte do seu ídolo. 

Schubert nace nunha familia de persoas moi humildes, e era o duodécimo de catorce fillos. Residía no barrio de Liechtental de Viena, onde o seu pai exercía de mestre de escola.

Con once anos entrou como cantor na capela imperial, conseguindo unha bolsa que lle permitiu estudar gratuitamente na escola municipal de Stadkonvikt. Alí foi alumno de Antonio Salieri (mestre de mestres: deulle clase tamén a Beethoven), e grazas á orquestra da escola, para a que escribiu as súas primeiras sinfonías, familiarizouse coa obra de Franz Joseph Haydn e Beethoven.

As obras de Schubert foron catalogadas polo musicólogo vienés Otto Erich Deutsch. Por iso, na numeración das súas obras levan antes a  letra D (Deutsch).
 
A súa Sinfonía en si menor, D. 759 foi composta en 1822 pero non foi descuberta ata varios anos despois da morte do compositor. O nome de Inacabada ou Incompleta  débese a que só ten dous movementos.

No seu primeiro movemento realizan a introducción chelos e contrabaixos. O primeiro tema é unha triste melodía do óboe e o clarinete. Trompas e fagotes dan paso ao segundo tema: un valse tenro interpretado polos chelos.
Como  anécdota, seguro que os vosos pais e as vosas nais coñeceron o tema primeiro (o tema lento en modo menor)  porque aparecía identificando a Gargamel, o malvado dos Pitufos...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi