para que os meus alumnos e alumnas do Cmus "Xan Viaño" de Ferrol comprendan e gocen da Linguaxe Musical.
Que intervalo sona?
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Clicando na imaxe inferior, podedes comezar Que intervalo sona?: un exercicio auditivo para practicar o recoñecemento dos intervalos melódicos de 2ª, 3ª, 6ª e 7ª maiores e menores.
Recorda que os músicos somos os atletas do son. Así que anímate a entrenar o teu oído!
@s alumn@s de 3º de G.E. están inmersos no mundo dos intervalos: orde e especie. A clasificación dos intervalos é unha tarefa doada pero precisa da vosa concentración para clasificar con exactitude nas distintas especies. Grazas a Adriana, a autora do blog aulamusicaldeadriana.blogspot.com , repasamos os intervalos cun dos seus exercicios de clasificación. Clicade sobre a imaxe e poderedes comezar o exercicio. Moita concentración!
Con este "Pasapalabra musical" podes xogar con contidos musicais e poñerte a proba sobre o que lembras dos compositores dos que escoitamos audicións este curso. Ti podes! Para comezar a xogar, debes clicar na imaxe. Debes abrir esta publicación onde pon: LER MÁIS, para que se active o enlace.
Comentarios
Publicar un comentario