"Ruslán e Liudmila" de Glinka




Mijaíl Ivánovich Glinka ( seguro que vos gusta ver o seu nome na grafía rusa: Михаил Иванович Глинка...) foi un compositor ruso, considerado o pai do nacionalismo musical ruso.

Animou a un grupo de compositores a reunirse (máis tarde, serían coñecidos como "os cinco": Modest Músorgski, Nikolái Rimski-Kórsakov, Aleksandr Borodín, Cesar Cui, Mili Balákirev) para crear música baseada na cultura rusa.

As súas obras máis coñecidas son as óperas Unha vida polo Zar (1836) e Ruslán y Liudmila (1842).

Esta ópera ten un argumento baseado nun conto de fadas ambientado en Kiev na Idade Media, onde o guerreiro Ruslán debe rescatar a Liudmila...Recoñezo que os nenos e as nenas do século XXI xa están fartos e fartas deste tipo de relatos, pero así foi a sociedade.

O máis célebre desta ópera é a súa obertura (introducción instrumental).


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi