A "Sinfonía Fantástica" de Berlioz



Louis Hector Berlioz (1803-1869) foi un compositor francés e unha das figuras destacadas do Romanticismo. A súa obra máis coñecida é a Sinfonía fantástica.

A Sinfonía fantástica titúlabase orixinalmente como Episodios da vida dun artista, sinfonía fantástica en cinco partes. A súa estrea tivo lugar o 5 de decembro de 1830 no Conservatorio de París, seis anos despois da estrea da Novena Sinfonía de Beethoven. Esta obra forma parte dun xénero chamado música programática, no que se describe cinco esceas. Na música programática o público debe ler antes do concerto o argumento. Foi todo unha innovación

Berlioz presenta a historia dun músico novo que se namora dunha muller. En tódalas esceas desta obra aparece esa muller simbolizada por unha melodía. É o recordo constante do músico pola súa amada.  Esta asociación dunha idea a unha melodía chámase leitmotiv: unha idea fixa.

Das cinco esceas, escoitaremos a segunda escea, O Baile, onde o músico namorado imaxínase nunha alegre festa ou contemplando as marabillosas paisaxes da natureza. 





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi