"O Barbeiro de Sevilla" de Rossini


Gioachino Rossini (Pésaro, 1792- París, 1868) foi un compositor italiano que adicouse á ópera. Rossini, xunto a outros compositores, considérase cmo un autor da época dourada do Belcantismo: un estilo operístico que esixe un dominio da respiración, dos virtuosismos vocais e sobre todo un perfecto legato cunha gran beleza vocal.

Aos 8 anos comezou a estudar no Conservatorio de Bolonia. Aos 14 compón a súa primeira ópera, pero será con 18 anos cando se estrea a primeira ópera súa. Rossini compuxo sobre 40 óperas, mais tamén ten misas e cantatas.

No ano 1816 estreouse en Roma unha das súas óperas máis famosas: "O barbeiro de Sevilla". Está baseada nunha triloxía (Mozart compuxera "As bodas de Fígaro" coa segunda parte). 

Trátase dunha ópera bufa (cómica) en dous actos que relata a historia de dous namorados, o conde de Almaviva e a moza horfa Rosina. Con moitos enredos, a parella axudados polo barbeiro Fígaro, consegue casar. 

Escoitamos a súa célebre obertura (introducción instrumental coa que comeza a ópera)



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi