Publicacións

"Aria" da Suite para Orquestra nº 3 de Bach

Imaxe
Johann Sebastian Bach (Eisenach,1685-Leipzig,1750) foi un músico e compositor do Barroco, considerado dos máis influíntes na Historia da Música.  A familia Bach era unha familia de músicos e compositores, así que o seu primeiro contacto coa música foi na súa propia casa. Tocaba o órgano, o clavicordio e o violín. Ademáis dende pequeno foi neno cantor do coro da súa escola. Tamén foi director de coros e mestre de capela. Despois de Johann Sebastian Bach, varios dos seus fillos seguirán a tradición do seu pai como músicos: Wilhelm Friedemann, Carl Philipp Emmanuel, e os seus fillos do matrimonio con Anna Magdalena Bach:  Gottfried Heinrich, Johann Christoph Friedrich e Johann Christian.   Ao longo da súa vida traballou intensamente como compositor e como mestre, sendo o teclado a base da formación dos seus alumnos. Aínda o son na actualidade para os alumnos de piano dos conservatorios. Escoitaremos a "Aria" da súa Suite nº 3 . Unha suite é un conxunto de ...

"Mesías" de Händel

Imaxe
Georg Friedrich Händel (Halle, 1685-Londres, 1759) foi un compositor do Barroco de orixe alemá que posteriormente se nacionalizou inglés.  As súas obras inclúen tódolos xéneros da época, destacando as súas 46 óperas e 23 oratorios. O oratorio é un xénero musical para coro, solista e orquestra onde un narrador presenta un tema, case sempre, relixioso. A diferencia da ópera, o oratorio non se representa, nin hai decorados nin as súas persoaxes van caracterizadas. O oratorio máis célebre de Händel é o seu "Mesías", composto apenas en tres semanas. Trata da vida de Xesús de Nazaret, mais é habitual escoitalo no Nadal. Consta de tres partes. Escoitaremos o coro "Hallelujah" da segunda parte.

Concerto para trompeta de Telemann

Imaxe
Georg Philipp Telemann (Magdeburgo, 1681-Hamburgo 1767) foi un compositor barroco alemán contemporáneo de J.S.Bach e G.F. Haendel.  O libro Guinness de records indica que é o compositor do que se conservan máis obras. A pesar de que en vida tivo éxito, no século XIX as súas obras eran interpretadas con pouca frecuencia.   Un século despois as obras de Telemann volveron a espertar moito interese, xunto coa recuperación dos instrumentos barrocos. Escoitaremos o Adagio do Concerto en Re Maior para trompeta interpretado cunha trompeta piccolo, creada a finais do século XIX para interpretar obras barrocas. É máis pequena e sona unha octava máis aguda. No seguinte vídeo escoitaremos a versión da trompetista inglesa Alison Balsom no seu recente disco adicado á música barroca.

As Catro Estacións de Vivaldi

Imaxe
Antonio Vivaldi (Venecia 1678-Viena 1741) foi un sacerdote e compositor coñecido como Il prete rosso (O padre roibo) pola cor do seu cabelo. Escribiu máis de cincocentos concertos, na maioría para violín, máis de corenta óperas e máis de setenta sonatas. Quizáis a obra máis célebre sexan As Catro Estacións , un conxunto de catro concertos para violín, onde un violín solista dialoga coa orquestra. Cada concerto ten tres movementos alternándose rápido-lento-rápido. Ademáis, Vivaldi escribe na partitura uns sonetos que acompañan á música adicados a cada estación do ano.

"Adagio en Sol menor" de Albinoni?

Imaxe
Do compositor veneciano Tomaso Albinoni (1671-1751) chegaron aos nosos días moi poucas obras, xa que durante a Segunda Guerra Mundial foi destruida a Biblioteca de Dresden, onde estaban a maiorías das súas obras. Remo Giazotto, un musicólogo italiano, fíxenos crer que arranxara unha obra de Albinoni a partir dun manuscrito atopado na Biblioteca de Dresden. No manuscrito había un pentagrama co baixo e seis compases da melodía e que formaba parte dun movemento lento dunha sonata a trío. Hoxe sabemos que Giazotto foi o verdadeiro autor desta fermosa obra composta en 1945.

"Dido" de Purcell

Imaxe
Esta semana escoitaremos unha aria da ópera "Dido" do londinense Henry Purcell.  Esta ópera foi escrita en 1689 e seleccionei para escoitar o seu "Lamento de Dido", na que a raíña de Cartago, Dido, chora porque o heroe troiano Eneas a abandona, ademáis entenderemos o argumento da ópera grazas a "Cuéntame una ópera"

"Canon en Re Maior" de Pachelbel

Imaxe
Viaxamos á Alemaña do século XVII para coñecer a música do compositor Johann Pachelbel : un dos máis importantes músicos da xeración anterior a Johann Sebastian Bach. Como comentamos na nosa aula, o estilo musical que corresponde a este período é o Barroco. Sen dúbida, a obra máis célebre de Pachelbel é o seu Canon en re maior , composto para tres violíns e baixo continuo, que será interpretado por un instrumento melódico de tesitua grave (violonchelo, fagote) e outro harmónico (clavecín ou órgano). Para comprender a técnica compositiva do canon, propóñovos ver o seguinte vídeo: