"Adagio en Sol menor" de Albinoni?


Do compositor veneciano Tomaso Albinoni (1671-1751) chegaron aos nosos días moi poucas obras, xa que durante a Segunda Guerra Mundial foi destruida a Biblioteca de Dresden, onde estaban a maiorías das súas obras.


Remo Giazotto, un musicólogo italiano, fíxenos crer que arranxara unha obra de Albinoni a partir dun manuscrito atopado na Biblioteca de Dresden. No manuscrito había un pentagrama co baixo e seis compases da melodía e que formaba parte dun movemento lento dunha sonata a trío.




Hoxe sabemos que Giazotto foi o verdadeiro autor desta fermosa obra composta en 1945.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Dictado 4 para alumn@s de 4º GE

O mundo dos intervalos II

Dictado 14 para alumn@s de 4º GE